Actividades da AGEFEC
   
   

 

 

II XORNADA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA, AGEFEC

Santiago 24 abril 2010

O día 24 de abril celebrouse a II XORNADA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA, AGEFEC en Santiago de Compostela. A asistencia colmou os desexos da organización, posto que podemos dicir que oubo un cheo no auditorio de Galiza, onde se desenvolveu o evento. Asistiron ao redor de 200 congresistas, dos cales 23 eran estudantes de enfermaría dos campus de Lugo e Santiago.

Os temas que se trataron dentro da xornada foron variados e contaron co interese do público que en todo momento sigueu o evento.

Presentáronse oito ponencias máis a conferencia inaugural, titulada "Atención domiciliaria: Competencias enfermeiras na Unión Europea", presentada por Dna. María Xesús Núñez Iglesias, Directora da Escola Universitaria de Enfermaría da Universidade de Santiago de Compostela A conferencia de clausura que levou por título "Enfermaría Comunitaria. Un modelo por desenvolver foi presentada por Marta Pisano González, presidenta da FAECAP.

As mesas se estructuraron nos contidos de legal, competencias enfermeiras e educación en saúde. Na mesa 1 falouse de Intervencións enfermeiras e seguridade xurídica, e de segredo profesional sanitario, confidencialidade e dereito á intimidade. Na mesa 2 tratáronse os temas da esecialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, prescripción enfermeira e bioseguridade. A mesa 3 contou cos seguintes, Educando en saúde, pacientes con demencia e formando en educación diabetolóxica.

Este ano desenvolvéronse dous obradoiros na sede da Xornada:

Mobilización e transferencia de pacintes inmovilizados, que contou como poñentes a Montserrat Cendán Vérez, Mª Xesús Vilá Fuentes e Montserrat Fernández Méndez.

Manexo do paciente anticoagulado en Atención Primaria que foi dirixido por Jacinta Álvarez Nieto.

Ambos obradoiros repetíronse en horario de mañán e tarde, contando en todas as sesións cun cheo absoluto .

Nas mesas de comunicacións presentáronse 7 comunicacións orais. As comunicacións en póster foron de 7 entre as que se plasmaron temas do máis variado. Repartíronse un premio de 140€ á mellor comunicación oral e tres acésit de 70€. O comité científico o tivo moi difícil para escoller á mellor entre todas, posto que o nivel foi moi elevado.

En resumo teño que dicir que a xornada desenvolveuse de xeito moi dinámico e con unha organización impecable. Os temas elixidos foron acertados, moi interesantes e actuais. Os contidos das ponencias e os tempos ceñíronse estrictamene ao programa establecido.

Con todo o anterior teño que finalizar dicindo que a xornada foi un auténtico éxito en todos os seus aspectos. Non se pode menos que felicitar ao comité organizador e desexarlles, como mínimo, o mesmo acerto coa organización da próxima III Xornada.

Noraboa a todos os que traballaron na organización, aos poñentes e a todos aqueles que tiveron algo que ver no evento.

   
 
 
 
 

“OBRADOIRO BÁSICO DE SUTURAS PARA ENFERMEIROS DE ATENCIÓN PRIMARIA” Sigüeiro, Oroso, 23 e 24 de marzo de 2010.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) ten entre os seus obxectivos mellorar a capacitación científica dos enfermeiros de Atención Primaria para ofertar aos usuarios uns coidados baseados na mellor evidencia científica e no rigor metodolóxico. Neste contexto realizouse no mes de marzo un  

“OBRADOIRO BÁSICO DE SUTURAS PARA ENFERMEIROS DE ATENCIÓN PRIMARIA”

 

Dito obradoiro, de 6 horas de duración, levouse a cabo os días 23 e 24 de marzo do presente ano, en horario de 16:30 a 19;30 horas, no Centro Cultural de Sigüeiro, Praza do Concello sn, Sigüeiro. Estivo dirixido a enfermeiros e enfermeiras preferentemente de atención primaria e foi acreditado polo Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia con 1,2 cretos. 

 

O obradoiro foi impartido por dúas enfermeiras pertencentes a AGEFEC, Dna. Teresa Leis Blanco e Dna. Esther Tejo Villamor, do Centro de Saúde de Ribeira.

O obxectivo xeral deste Obradoiro foi “Mellorar os coñecementos e habilidades dos enfermeiros con respecto as suturas cutáneas e en relación ao material de suturas dos que se dispón nos Centros de Atención Primaria”. 

O obradoiro foi seguido con gran entusiasmo por 21 enfermeiros e enfermeiras.

Carta de Presentación.

Programa do Obradoiro Básico de Suturas.

 

   

REUNIÓN DE REPRESENTANTES DO COMITÉ ORGANIZADOR DA II XORNADA DA AGEFEC COA CONSELLEIRA DE SANINADE E COA DIRECTORA XERAL DE ASISTENCIA SANITARIA.

O día 18 de xaneiro do 2010, membros do comité organizador da II Xornada da AGEFEC reuníronse coa Conselleira de Sanidade Dna Pilar Farjas  e coa Directora Xeral de Asistencia Sanitaria. O motivo principal da reunión foi a presentación da  AGEFEC a actual conselleira de sanidade e convidala a presidir a mesa de honra da II Xornada da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria que se vai celebrar en Santiago de Compostela o vindeiro 24 de abril do 2010. A conselleria aceptou  a  invitación de bo grado e escoitou con atención as liñas de traballo da AGEFEC. Pola nosa parte espuxémoslle temas coma reactivación das mesas de traballo, posta en marcha do módulo de enfermaría para Ianus, carteira de servizos.  A reunión celebrouse nun clima moi cordial A AGEFEC ofreceuse a tomar parte en todos aqueles foros nos que se lle reclame para impulsar o desenrolo científico da enfermaría. O remate da reunión entregóuselle un documento no que se plasman as liñas de traballo da AGEFEC.

Ler documento entregado á conselleira de sanidade.

   

REUNIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA AGEFEC COA DIRECTORA XERAL DE ASISTENCIA SANITARIA.

 A AGEFEC, dentro da liña de colaboración coas institucións sanitarias da nosa comunidade autónoma solicitou audiencia a Conselleira Dna. Pilar Farjas, a Xerente do Sergas Dna Rocío Mosquera e a Directora Xeral de Asistencia Sanitaria Dna. Nieves Domínguez Álvarez. 

O pasado día 3 de novembro produciuse o primeiro encontro. Unha representación da Xunta Directiva encabezada pola Presidenta foi recibida pola Dna. Nieves Domínguez e por Dna. Mercedes Carrera Viñas, Subdirectora Xeral de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial representando a Xerente do Sergas. 

Durante a reunión, que transcorreu nun ambiente afable e de concordia, entregouselles un documento no que, a vez que solicitamos que se aproveite o potencial profesional dos enfermeiros e enfermeiras nas unidades e servizos de atención primaria, expoñemos aquelas cuestións que afectan a nosa profesión e que dende o noso punto de vista están dificultando o noso desenvolvemento profesional, como son:

  1. A necesidade de apostar pola especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
  2. A ampliación do mapa de competencias.
  3. A necesidade de modificar o actual marco normativo en relación coa enfermaría e as unidades e servizos de atención primaria.
  4. A libre elección e cupo propio de enfermería.
  5. A imperiosa necesidade de desenvolver o módulo de enfermería para IANUS.
  6. O avellentamento da prantilla. 

Tamén se fixo fincapé na necesidade de continuar coa actividade dos grupos de traballo nos que viña participando a AGEFEC así como publicitar os traballos xa rematados como a carteira de servizos de enfermaría nos equipos de atención primaria. Tanto a Directora Xeral coma Mercedes Carrera adoptaron o compromiso de continuar cos traballos iniciados. 

Sentimos que a conselleira, despois de ter fixados o día e a hora para recibirnos, decidira de forma unilateral anular dita recepción.

Documento entregado na reunión.

   

VI CONGRESO NACIONAL DE ENFERMERÍA DE ATENCIÓN PRIMARIA.

"Del Conocimiento a los Cuidados."

Oviedo 1, 2 y 3 de octubre de 2009

 

Os días 1, 2 e 3 de outubro celebrouse en Oviedo o VI CONGRESO NACIONAL DE ENFERMERÍA COMUNITARIA, organizado pola SEAPA (Sociedad de Enfermería Asturiana de Atención Primaria) en colaboración coa FAECAP (Federación de Asociacións/Sociedades de Atención Primaria) á que tamén pertence a nosa sociedade. O evento pode considerarse un éxito rotundo, tanto de participación, con máis de 1200 congresistas inscritos, coma de organización e de produción científica con máis de 500 traballos presentados entre pósters orais, pósters papel e comunicacións orais.

A AGEFEC estivo presente con unha nutrida representación de 18 asociados e con catro traballos presentados entre comunicacións orais e tipo póster.

 

  1. LAVADO/HIGIENE DE MANOS: TAMBIÉN EN ATENCIÓN PRIMARIA. Póster oral presentado por Flavia Polanco Teijo.
  2. CICATRIZACIÓN POSTAMPUTACIÓN EN PIE DIABÉTICO. Póster en papel presentado por Camilo Raña Lama.
  3. SOBRECARGA DEL CUIDADOR PRINCIPAL DE PACIENTES INMOVILIZADOS. Comunicación oral presentada por Manuel-Vidal Fernández Fernández.

 

  1. SIGNIFICADO ANTROPOLÓGICO DE LA HIPERTENSIÓN ARTERIAL PARA EL PACIENTE Y EL ENFERMERO. Comunicación oral presentada por Flavia Polanco Teijo.

Agora toca pensar na próxima cita que vai ser a II XORNADA CIENTÍFICA DA AFEFEC e que  vai ter lugar en Santiago o 24 de abril do próximo ano. Dende xa, queremos animarvos a que vaiades preparando as vosas comunicacións coa fin de ir perdéndolle o medo a investigación básica, pois so deste xeito medraremos profesionalmente e contribuiremos a ofrecer aos usuarios uns coidados de calidade e coa mellor evidencia científica.

Ao longo do congreso poidemos afondar en aspectos coma a variabilidad e evidencia na práctica clínica, vendo como a alta variabilidade na práctica clínica supon un tremendo coste de oportunidade en saúde, en seguridade e en eficiencia. Analizáronse os factores que contribuen á variabilidade tan xeneralizada, as limitacions e barreiras para a utilización de evidencias científicas, especialmente para a difusión da investigación, e se describieron as características do Centro Colaborador Español do Instituto Joanna Briggs.

No contexto da AP, analizose o impacto que teñen os distintos modelos organizativos de xestión da demanda e a posibilidade de xeneración de coidados inversos, a influencia da dispersión autonómica na oferta de servizios e os factores atribuibles aos profesionais.
Por último, apuntouse a necesidade de adoptar un enfoque multicompoñente e organizacional que permita modificar prácticas clínicas e reducir a límites soportables esta importante fonte de variabilidade.

A mesa da especialidade sobre a Enfermería Familiar y Comunitaria cumpliu cos objetivos plantexados: sirveu para expoñer o momento actual no que se atopa dita especialidade ao traveso de tres visions distintas de enfermeiros que a día de hoxe xa os son e que forman parte da Comisión Nacional da especialidad.
Nos derradeiros días as palabras da Ministra de Sanidade incitaban a pensar que o desenrolo da especialidade continuaba polo se correcto camiño. Nembargantes todos os poñentes alertaron de que seproduciu a paralización dos trámites oportunos, algo que é dende todo punto inexplicable tralas aprobacions anteriores, polo que a todas luces estase a poñer en perigo o desenrolo do camiño que fará que a poboación sexa atendida por enfermeiras reconoñecidas coma Especialistas.

Como se dixo xa no discurso inicial e se corroborou tanto polos oradores coma polos científicos congresistas asistentes Non ten sentido un proceso de vía extraordinario exclusivista que sitúe á administración na responsabilidade de recoñecer implícitamente que tivo (y continuará tendo nos centros asistenciais pois son propietarios das súas prazas) profesionales que, ao non ter superada a proba, se lles dixo que no están cualificados para continuar coidando dos individuos, familias y comunidades. As máis de mil duascentas mans alzadas acreditaron que as enfermeiras Familiares e Comunitarias actuais solicitan que se lles recoñeza a súa especialidade para continuar ampliando o seu campo competencial (prescripción, porta de entrada ao sistema, dependencia) e só elas deben liderar e ser os referentes de dicto proceso.

Na terceira mesa  “Avanzando en calidad para la seguridad de la población” achegamosnos á experiencia de tres profesionais que teñen como elemento fundamental da súa actividade docente, asistencial e gestora a calidad e a seguridade do paciente.
Profundizóse nos pilares das políticas de seguridade do paciente: coma a investigación, unhas prácticas seguras, unha cultura en seguridade, formación e os distintos roles que xogan os cidadans e os profesionais.
Constatouse a importancia das mellores prácticas de enfermería no coidado de cotío da seguridade do paciente e se expuso a línea estratéxica do Plan de Calidade do Ministerio de Sanidade de “Seguridad Segura”

Seguemos a comprobar que existen diferentes alterativas en torno á salude e os modos do coidado, vendo coma a tecnoxogía pode servir de apoio para mellorar a calidade de vida, estudando a variabilidade da presencia dos patrons de saúde nos medios de comunicación ou qué influencia aporta a informática aos coidados sanitarios.

Durante a mesa “cuidados desde la diversidad” abordáronse temas diversos coma a enfermería en relación coas terapias naturais destacando o impulso que a prescripción enfermeira pode representar para este ámbito profesional, ainda minoritario inda que socialmente moi solicitado.
Tamén se trataron aspectos relacionados coa atención á dependencia e sobre todo a importancia de estudar  a variabilidade e abordar ditos coidados dende a excelencia  en enfermería. 
A mesa pechose cunha interpretación do grupo de teatro de enfermeras/os, “dudue dudua” que nos presentou unha maneira de innovar en cuidados o travéso da arte, poñendo en escena unha mostra dos seus sketch relacionados coa promoción e educación para a saúde

Por último expuxéronse os distintos proxectos que ven a desenrolar FAECAP nos seus distintos grupos de traballo: Investigación, Formación, Coidados e a Revista de Enfermería Comunitaria….mostráronse os proxectos e líneas de investigación presentes e futuras, presentouse o plan de formación presencial e on-line de FAECAP, e se expusieron as líneas estratéxicas do Ministerio de Sanidade nas que se participa activamente.

Finalmente, da man de María Girbés descubrimos “El lado humano del cuidado”…para que sempre teñamos presente a esencia e sentido da nosa profesión.

Pódese finalmente concluir que a enfermería se enfrenta a novos e importantes retos, e que sen dúbida este Congreso, todo o exposto e debatido nestes tres días marcarán pautas para poder asumilos “dende o coñecemento”.

Gustaríame incidir nunha das ideas que se plantexaron na apertura do congreso, que é que cando a SEAPA e a FAECAP organizan un Congreso Científico coma éste, non só pretenden participar na diseminación e xestión do coñecemento, senon ser eco entre a poboación e a sociedade de cantas novas responsabilidades e ámbitos de actuación ten a enfermeira na actualidade.

Noticia de El Correo Gallego. "Concluyó en Oviedo el congreso nacional de Atención Primaria con más de mil participantes. El Correo Gallego, 4-10-2009."

 

 

VIII Xornada de Enfermería Sobre Risco Vascular.

A Toxa, 26 de setembro de 2009.

Programa

 

Reportaxe en directo da TVG

Con motivo da celebración da VIII Xornada de Enfermería Sobre Risco Vascular, a AGEFEC organizou no Grove, una xornada de portas abertas na que se invitou aos veciños do concello a facerse un estudo do seu risco vascular.

Ao redor de 250 veciños e veciñas de O Grove achegáronse á carpa. Enfermeiras e enfermeiros fixémoslles as medicións de glucemia capilar, colesterol, tensión arterial, peso, talla, perímetro abdominal e enquisa da súa actividade diaria para logo calcular o rico vascular individualizado, explicándolle o seu significado a cada un dos participantes e dándolle as normas hixiénico dietéticas necesarias para correxir hábitos non saudables.

Temos que agradecer a colaboración do Concello do Grove, Escola de Enfermaría de Santiago, enfermeiros, alumnos de enfermaría e casas comerciais que desinteresadamente participaron nesta esperiencia.

   

 

 

 

 

 

 

“OBRADOIRO BÁSICO DE SUTURAS PARA ENFERMEIROS DE ATENCIÓN PRIMARIA", PONTEVEDRA

Maio 2009

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), ten entre os seus obxectivos mellorar a capacitación científica dos enfermeiros de Atención Primaria para ofertar aos usuarios uns coidados baseados na mellor evidencia científica e no rigor metodolóxico. Neste contexto programou para abril do 2009 un:

“OBRADOIRO BÁSICO DE SUTURAS PARA ENFERMEIROS DE ATENCIÓN PRIMARIA", PONTEVEDRA

 

Dito obradoiro, de 6 horas de duración, levouse a cabo os días 12 e 13 de maio do 2009 das 16:30 ás 19;30 horas, na aula de docencia sita na planta baixa da Delegación de Sanidade na Avenida de Vigo nº 16 de Pontevedra. Dirixiuse a enfermeiros e enfermeiras de atención primaria contou con tou con 25 prazas e estivo acreditado con 1,2 créditos polo Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

O obxectivo xeral deste Obradoiro foi “Mellorar os coñecementos e habilidades dos enfermeiros con respecto as suturas cutáneas e en relación ao material de suturas dos que se dispón nos Centros de Atención Primaria”.

 

Carta de Presentación

Programa

   

 

 

 

OBRADOIRO DE VALORACIÓN DE ENFERMERÍA DO PÉ DIABÉTICO

Riveira 6 e 7 Maio 2009.

 Un dos obxectivos da AGEFEC é contribuír a mellorar os coñecementos científicos e técnicos dos enfermeiros e enfermeiras de Galicia coa fin de ofrecer os mellores coidados de enfermería posibles aos usuarios. Con tal motivo levouse a cabo no salón de actos do ISM de Riveira a primeira edición do obradoiro “Valoración de enfermería do pé diabético”. Dito obradoiro, acreditado polo Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia con 1,7 créditos, tiña os seguintes obxectivos:

 Obxectivo xeral:

  • Actualizar coñecementos e habilidades para facer a valoración do pé diabético cos instrumentos dos que se dispón nas Unidades e Servizos de Atención Primaria.
  Obxectivos específicos:
    • Fomentar e normalizar a valoración do pé diabético como unha práctica sistemática dos coidados de enfermería en Atención Primaria.
    • Fomentar e normalizar o uso das taxonomías NANDA, NIC, NOC na elaboración de plans de coidados.
    • Coñecer o material e as técnicas básicas de exploración do pé.
    • Mellorar as habilidades da exploración do pé.

Dito obradoiro tivo unha grande acollida entre os profesionais de tal xeito que superou con creces as expectativas iniciais, pois recibíronse solicitudes doutras áreas, véndonos obrigados a desvotar algunhas inscripcións dado que o número de plazas era limitado a 25.

 A valoración global do obradoiro por parte dos asistentes foi moi boa, o que nos anima a seguir con estas actividades, polo que esperamos seguir contando con vós para que nos aportedes as vosas ideas ou necesidades de formación, así como a vosa disposición a participar como docentes nas actividades formativas.

 Para calquera idea que teñades ou para manifestar a vosa disposición como formador, utiliza o correo de AGEFEC.

 agefec@agefec.org

Carta de Presentación

Programa

   

OBRADOIRO BÁSICO DE SUTURAS PARA ENFERMEIROS DE ATENCIÓN PRIMARIA, MAZARICOS

Abril 2009.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), ten entre os seus obxectivos mellorar a capacitación científica dos enfermeiros de Atención Primaria para ofertar aos usuarios uns coidados baseados na mellor evidencia científica e no rigor metodolóxico. Neste contexto programou para abril do 2009 un:

“OBRADOIRO BÁSICO DE SUTURAS PARA ENFERMEIROS DE ATENCIÓN PRIMARIA", MAZARICOS

Organizado pola Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria. AGEFEC no marco da XI Semana da Saúde de Mazaricos.Estuvo dirixido a enfermeiros e enfermeiras de atención primaria (25 prazas) estivo acreditado con 1,2 créditos polo Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo xeral deste Obradoiro foié “Mellorar os coñecementos e habilidades dos enfermeiros con respecto as suturas cutáneas e en relación ao material de suturas dos que se dispón nos Centros de Atención Primaria”. O curso tivo lugar en Mazaricos, 21 e 23 de abril de 2009. A inscrición foi gratuíta

Carta de Presentación

Programa

   

XI SEMANA DA SAÚDE DE MAZARICOS.

Un ano mási celebrouse en Mazaricos a Semana da Saúde, e van XI. As datas foron os días 15, 16, 21 e 23 de abril. Organizou o Centro de Saúde de Mazaricos coa colaboración de distintos estamentos entre os que se atopa a AGEFEC.

Programa.

Entrevista a Ana Calvo en Galicia Hoxe

   

REUNIÓN DA AGEFEC CO DIRECTOR XERAL DA DIVISIÓN DE ASISTENCIA SANITARIA DO SERGAS.

 En decembro de 2008 presentamos no rexistro da Consellería de Sanidade dúas solicitudes para ser recibidos polo Director Xeral de Recursos Humanos e polo Director Xeral de Asistencia Sanitaria co fin de amosarlles a nosa preocupación sobre certos temas que nos atinxen, entre os que figura a próxima convocatoria da OPE. As nosas solicitudes solo tiveron resposta por parte da División de Asistencia Sanitaria que nos convocou para unha entrevista que finalmente se celebrou o pasado día 17 de xaneiro.

A delegación da AGEFEC foi recibida nas dependencias da Consellería de Sanidade polo Director Xeral de Asistencia Sanitaria D. Julio Villar Barreiro, acompañado do Subdirector Xeral de Calidade e Programas Asistenciais D. Jesús Rey García e da Xefa do Servizo de Integración de Coidados Dona Isabel Campos Pardo. Á reunión levamos unha serie de propostas e inquedanzas da nosa asociación que foron escoitadas polos representantes da administración con grande interese, e nos deron diversas respostas segundo a problemática que lles expoñíamos.

Así, ao tema relacionado coa nosa petición de modificación do baremo para a próxima convocatoria  do concurso de traslados dentro da OPE que lle achegamos ao Director Xeral de RR.HH., asinada por outras tres sociedades científicas do ámbito da atención primaria, foi vista como unha petición de grande complexidade pois, segundo se nos explicou, neste procedemento están implicados distintos axentes sociais e non so depende da administración a posibilidade de facer as modificacións pertinentes, comprometéndose a facer algunha xestión.

 Outro punto que lles trasladamos foi a posibilidade de identificar a persoa responsable que representa ao SERGAS na mesa da Comisión Nacional da Especialidade de Enfermería Familiar e Comunitaria, co fin de solicitarlle unha entrevista na que lle expoñeríamos o noso punto de vista sobre a marcha das negociacións, tivo unha resposta satisfactoria. Así, ao término da reunión xa tiñamos identificada a persoa encargada do tema e proximamente tentaremos falar con ela.

 Ante a nosa solicitude de retirar, de todos os documentos públicos, o acrónimo “ATS” e cambialo por “enfermeiro/enfermeira”, estiveron totalmente de acordo, comprometéndose a facer un esforzo para arranxalo.

 Tamén lles trasladamos a nosa petición de que os usuarios podan elixir libremente a súa enfermeira de referencia e que o nome de esta figure na tarxeta sanitaria. Pareceulles ben aínda que, amosaron a grande dificultade informática que iso suporía.

 En canto a nosa petición sobre a normalización da sinatura propia na petición das probas que se axusten a protocolos, manifestaron que esta negociación se faga directamente coas distintas direccións de enfermaría das Xerencias de Atención Primaria.

Outros temas que tamén foron abordados ca idea de sensibilizar a súa opinión, son os de potenciar o papel da enfermaría na A.P. e o de facer “visible” a enfermeira incluíndoa en todas as campañas divulgativas de prevención (incluíndo as vacinas) que se organicen dende o Servizo Galego de Saúde ou a propia Consellería de Sanidade.

 Durante esta longa e cordial entrevista fixémoslles entrega aos representantes da administración un documento que facía resumen de todos os puntos que levábamos para ser tratados, co fin de que lles serva de recordatorio.

   

Xa saíu á luz o "Protocolo de Atención ao Paciente Inmovilizado", impulsado pola Xerencia de Atención Primaria da Área Sanitaria de Santiago. Un bo traballo que nos vai axudar a resolver as dúbidas coas que nos atopamos no coidado diario destes pacientes. Teño que dicir que na súa elaboración, entre colaboradores, coordenadores e autores participaron un total de 11 persoas, das cales 8 son membros da AGEFEC. Non está nada mal ¿non vos parece?.

Protocolo de Atención ao Paciente Inmovilizado

 

Xornada de formación títulada 'Axentes e recursos na intervención familiar' organizada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e celebrada na EGAP. Dentro do programa de apoio á educación familiar TECENDO REDES. Santiago 12 de xunio de 2008.

Ana Calvo a nosa Vicepresidenta, enfermeira do Centro de Saúde de Mazaricos, participou na mesa redonda, baixo o título 'A intervención familiar desde a comunidade'  como representante dos axentes sociais sanitarios.

Ler máis

   

 

 

I XORNADA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA, AGEFEC

Santiago 26 abril 2008

O día 26 de abril vimos de celebrar a I XORNADA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA, AGEFEC en Santiago de Compostela. A asistencia colmou os desexos da organización, posto que podemos dicir que oubo un cheo no auditorio de Galiza, onde se desenvolveu o evento. Asistiron ao redor de 190 congresistas, dos cales 25 eran estudantes de enfermaría dos campus de Lugo e Santiago.

Os temas que se trataron dentro da xornada foron variados e contaron co interese do público que en todo momento sigueu o evento.

Presentáronse dez ponencias máis a conferencia inaugural, titulada "Enfermería Familiar Y Comunitaria. Clave Para Gestionar El Sistema Nacional De Salud", presentada por Dna. Maribel Macián Morro, enfermeira presidenta da FAECAP e a de clausura que levou por título "Novos Retos Na Docencia Da Enfermaría" e foi presentada por D. Juán Fernánez Varela, Catedrático de enfermaría da USC.

As mesas se estructuraron nos contidos de profesional, paciente e comunidade. Na mesa 1 falouse de Linguaxe estadarizada, ferramentas informáticas e coordinacións entre niveis. Na mesa 2 tratáronse os temas da lei da dependencia, Valoración de risco e medidas de prevención das UPP, Coidados paliativos e o coidado dos crónicos e dependentes. A mesa 3 contou cos seguintes, Experiencia en intervención comunitaria, Medios de comunicación e educación en hábitos saudables.

Nas mesas de comunicacións presentáronse 3 comunicacións orais, con títulos coma Adherencia Da Formación No Manexo Das Upp, Árbore De Decisións No Manexo De Úlceras Venosas En Membros Inferiores En Atencion Primaria De Saúde, Proxecto De Mellora De Calidade Na Cobertura De Vacinación Antitetánica Nun Centro De Saúde. As comunicacións en póster foron de 13 entre as que se plasmaron temas do máis variado.

En resumo teño que dicir que a xornada desenvolveuse de xeito moi dinámico e con unha organización impecable. Os temas elixidos foron acertados, moi interesantes e actuais. Os contidos das ponencias e os tempos ceñíronse estrictamene ao programa establecido.

Con todo o anterior teño que finalizar dicindo que a xornada foi un aténtico éxito en todos os seus aspectos. Non se pode menos que felicitar ao comité organizador e desexarlles, como mínimo, o mesmo acerto coa organización da próxima xornada.

Noraboa a todos os que traballaron na organización, aos poñentes e a todos aqueles que tiveron algo que ver no evento.

Ler máis

   

Resumo das actividades levadas a cabo pola AGEFEC durante o último ano.

Resumo

   

X SEMANA DA SAÚDE DE MAZARICOS

Mazaricos, 31 de Marzo e o 4 de Abril.

E van dez.

Esta é a décima semana da saúde que se organiza en Mazaricos da man da enfermeira de atención primaria do Centro de Saúde de Mazaricos e vicepresidenta da AGEFEC Ana Isabel Calvo.

Celebrouse entre o entre o 31 de Marzo e o 4 de Abril.

Programa

   

 

1
1
1

 

VI Xornadas de Enfermaría sobre Risco Vascular.

A Toxa 29 de setembro 2007

O pasado 29 de setembro celebráronse as VI Xornadas de Enfermaría sobre Risco Vascular na Illa da Toxa con un gran éxito de participación, podéndose constatar que moitos profesionais non puideron asistir pola limitación do aforo da sala onde se celebraron.
Foron inauguradas pola xefa do Servizo de Integración de Coidados do Servizo Galego de Saúde Dona Isabel Campos Pardo acompañada polo presidente da Sociedade Galega de Hipertensión e xefe da unidade de hipertensión do Hospital Clínico Universitario de Santiago Don Carlos Calvo Gómez e pola responsable de docencia do mesmo hospital e membro do comité organizador das Xornadas Dona Dolores Otero Fernández.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, AGEFEC, participou activamente moderando duas mesas e presentando una ponencia, e unha comunicación.
Durante todo o día, nas tres mesas redondas e nos tres talleres que houbo, fóronse tratando temas de actualidade e recordáronse  as técnicas de realización das distintas ferramentas que se utilizan no coidado do paciente con risco vascular.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, AGEFEC, estivo presente nas Xornadas cun stand onde foi entregado material promocional e se informou das actividades que se están levando a cabo, e apoiando decididamente a celebración de estes eventos que elevan a cualificación científico técnica dos profesionais de enfermaría.

   
 

A xunta directiva da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria “·AGEFEC” entrevistouse o día 19 de xuño do 2007, co  Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, D. Julio Villar Barreiro quen estivo acompañado do Subdirector Xeral, D. Jesús Rey García e da Xefa do Servizo de Integración de Coidados, Dna. Isabel Campos Pardo. A reunión tivo lugar no edificio administrativo da Consellería de sanidade en San Lázaro i en ela a AGEFEC presentouse ante os directivos e lles fixo un resumo dos temas que mais lle preocupa na actualidade as enfermeiras i enfermeiros de atención primaria de Galicia:

A prescrición enfermeira.-

Tras a entrada en vigor da Lei do Medicamento, a prohibición expresa de prescribir fármacos ou produtos por parte dos profesionais de enfermaría sitúa a estes na ilegalidade cara a múltiples actividades que viñan desenvolvendo, dificulta a ampliación do seu campo competencial, limita a súa autonomía profesional na planificación e seguimento dos coidados aos pacientes crónicos, inmobilizados no seu domicilio ou paliativos e, sen lugar  a dúbida, incrementará aínda mais a carga asistencial que xa teñen os profesionais que prescriben.

O desenvolvemento da especialidade de enfermaría familiar e comunitaria.-

Desde que se crearon as especialidades de enfermaría veñen sufrindo atrancos que retrasan unha e outra vez a súa aplicación e desde a AGEFEC se pensa que  a especialidade de enfermaría familiar e comunitaria suporán un incremento na calidade dos coidados  que as enfermeiras prestan á poboación en xeral.

O desenvolvemento do “Plan de Mellora da Atención Primaria”.-

A falta de representación dos profesionais de enfermería familiar e comunitaria no acordo sobre o Plan de Mellora da Atención Primaria pódese corrixir permitindo a presenza e participación a AGEFEC nos Grupos de Traballo e nas Comisións de Seguimento do Plan. A AGEFEC quere participar na elaboración de guías e   protocolos, na adecuación dos rateos de tarxetas sanitarias e número de profesionais e na libre elección de enfermeira.

A reunión pechouse coa vontade de estreitar o campo de colaboración entre a administración  e a AGEFEC en todos aqueles temas que lle sexan comúns, principiando pola invitación a sentar a un membro da asociación en unha das mesas de traballo sobre o papel da enfermaría nos equipos de atención primaria.

   
 

A Conselleira de Sanidade reuniuse cos representantes da recentemente constituída Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria

2

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2007.- A conselleira de Sanidade e presidenta do Servizo Galego de Saúde, María José Rubio Vidal, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo cunha representación da recentemente constituída Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, que preside Francisco Javier Rodríguez.

Este primeiro contacto centrouse nos fins fundacionais desta asociación.

Os seus directivos manifestaron á titular da Sanidade pública galega a súa predisposición a colaborar coa dirección do Servizo Galego de Saúde na elaboración de guías e protocolos clínicos, a contribuír a implantar o Plan de Mellora da Atención Primaria 2007 - 2011, e estudar a colaboración en materia de investigación en enfermaría.

3
No encontro, que tivo lugar no despacho Compostela, María José Rubio Vidal estivo Integración de Coidados, Isabel Campos da conselleira de Sanidade en Santiago de acompañada da xefa do servizos de Pardo.
   

35º Congreso de la Sociedad Europea de Psicogeriatría.

Santiago, 20, 21, 22 e 23 de xuño 2007

O Enfermeiro D. Manuel Vidal Fernández Fernández, membro da AGEFEC Presentou  no 35º Congreso de la Sociedad Europea de Psicogeriatría, celebrado en Santiago os días 20, 21, 22 e 23 de xuño, a ponencia titulada " VEJEZ, DEMENCIA Y CUIDADOS ENFERMEROS: PIDIENDO RESPUESTAS". Na ponencia fai unha presentación do estado no que se atopan os enfermos galegos afectos de demencia e dos recursos que a nosa comunidade conta para dedicalos o seus coidados e fai unha serie de reflexions sobre as necesidades e as carencias que presentan este tipo de enfermos e os seus coidadores.

Ver presentación.

 

   
1

IX Semana da Saúde De Mazaricos.

Mazaricos 2007, do 9 ao 13 de Abril de 2007.

No concello de Mazaricos celebrouse a IX Edición da Semana da Saúde pomovida pola enfermeira de Atención Primaria deste centro de saúde e vicepresidenta da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), Ana Isabel Calvo.

A iniciativa, que se desenvoveu entre os días 9 e 13 deste mes de abril, consistiu nun traballo de educación para a saúde na que se traballou con distintos sectores de población, dende os escolares ata os maiores. A actividade tivo tres bloques claramente diferenciados. O primeiro, dirixido aos máis cativos coa colaboración de traballadoras do concello (psicólogo, educadora familiar, orientadora…), que acuden aos tres centros de Primaria de Mazaricos para educar na saúde, por medio de xogos ou acividades lúdicas.

O segundo bloque, a instancias en certa medida dos profesores, lévase a cabo dende hai anos no instituto, dirixido específicamente aos mozos. Neste seso, véñense a realizar charlas relacionadas con temas de interese para eles como a adolescencia, nutrición, sexualidade, anticoncepción e primeiros auxilios, intentando deste xeito cubrir un valeiro existente nestas materias. Os relatorios son impartidos pola enfermeira Ana Isabel Calvo, vicepresidenta da AGEFEC; a comadrona María Vázquez, e os técnicos do 061 Dolores Rodríguez del Río e Álvaro Lado Zubiela.

O terceiro bloque estivo encamiñado á población maior do concello e, conseguintemente, os temas abordados foron ser de interese xeral para esta franxa de idade. Nesta novena edición, a temática central foi a nutrición. Así, desenvolvéronse dúas xornadas, ambas na casa da cultura do concello (A Picota), o mércores 11 e o venres 13 as 17.00 horas. Na primeira, a comadrona María Vázquez Fernández tratou os transtornos alimentarios e o venres, previamente á clausura dos actos, o médico do centro de saúde de Mazaricos, Juan Antonio Estévez Vila falou aos asistentes sobre a obesidade.

As xornadas desenvolvéronse con unha grande asistencia de público que participou activamente nos tema tratados polos relatores.

O ano que ven..... Máis.