I XORNADA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA AGEFEC |
||||||||||||
![]() |
A asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria comenzou a súa andaina o mes de febreiro do 2007. Hoxe, un ano despois, vos presentamos a I XORNADA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA AGEFEC. Esperamos que a elección dos temas e dos ponentes sexa do voso agrado e que se cumplan todas as vosas espetativas. Pola nosa parte esperamos que esta primeira xornada sexa un primeiro paso dun longo e proveitoso camiño. |
|||||||||||
|
||||||||||||
|
||||||||||||
|
||||||||||||
|
||||||||||||
A Xornada en Internet.: http://www.agefec.org/Jornada/jornada2008.html
(*) Indispensable adxuntar documentación acreditativa ao efectuar a inscripción para beneficiarse deste tipo de cuota As cuotas incluen: Acreditación, documentación científica, certificado de asistencia, servizos de café entre sesions, almorzo de traballo o día 26 de Abril. Esta Xornada está acreditada polo Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias con 1,5 créditos. Declaradas de Interése Sanitario. Alumnos de Enfermaría USC dotado con 1 crédito de libre configuración presentando un traballo. Unha vez cumplimentados los boletins oficiais de Inscripción poderá efectuar o seu pago por transferencia bancaria o ingreso directo no número de conta. 2091 - 0343 - 71 - 3040007238 Logo enviar o xustifiacante de ingreso ao número de fax 981576633.
|
||||||||||||
BASES PARA A PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS Un dos obxectivos da AGEFEC é promover o progreso científico dos enfemeiros/as galegas e contribuír a mellorar a calidade dos coidados enfermeiros. Por este motivo nesta I Xornada poderán presentarse comunicacións ou traballos que xa foran presentados a outros congresos ou xornadas con posterioridade a xullo de 2007, sempre e cando o seu contido estea directamente relacionado co programa da xornada.
NORMAS DE ENVÍO E PRESENTACIÓN DE RESUMOS Os traballos remitiranse á secretaría técnica da Xornada comunicaciones@agefec.org, preferentemente en soporte informático usando para ilo o modelo oficial que se pode atopar na Web da AGEFEC na seguinte dirección http://www.agefec.org/Jornada/Paginas web jornada/formulario comunicaciones.html, ou tamén por correo postal á sede da AGEFEC á seguinte dirección, Rúa/ Garcia Lorca nº 18, 3ºB. C.P.15704. Santiago de Compostela. A Coruña. Non se aceptarán os envios resumos por fax.
Os resumos das comunicacións ou pósters faranse preferentemente en galego. O total da comunicación non deberá exceder as 300 palabras excluíndo o título, autores e filiación. Estará escrito en Word, a un espacio con tipo de letra Arial de 10 puntos. A comunicación deberá ter a seguinte estrutura. Título. En maiúsculas e sen abreviaturas. Debe ser conciso e explicativo. Autores. Indicaranse os apelidos seguidos da inicial do nome dos autores participantes e subliñando quen presenta a comunicación. Hai un límite de 6 autores por comunicación. Filiación dos autores. Indicarase o centro ou centros de traballo dos autores e unha dirección para correspondencia. Para facilitar a comunicación, e sempre que sexa posible, recoméndase proporcionar unha dirección de correo electrónico. Introdución e obxectivos. Debe ser breve describindo a razón que levou a facer o estudo e os obxectivos que se pretenden conseguir con él. Metodoloxía. Indicarase o procedemento que se seguiu para acadar os obxectivos propostos. Resultados. Expoñeranse brevemente os resultados acadados. Conclusións. Presentaranse as dúas ou tres conclusións máis salientables da investigación. O formato será de 110 cm. de alto por 90 cm. de ancho. As letras do título non serán inferiores a 20 mm. de altura e as do texto, 10 mm. Colocarase e retirarase seguindo as indicacións da organización.
|
||||||||||||
|
A Organización está a efectuar os trámites oportunos para que a Xornada sexa recoñecida polo Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia e recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico. A Universidade de Santiago de Compostela otorgará créditos de libre configuración aos alumnos inscritos que presenten comunicacións. |
||||||||||||