Estimados compañeiros, é unha grande honra para min podervos dar a benvida a esta II Xornada de Enfermaría de Atención Primaria que a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, AGEFEC, ven de organizar.
É esta II Xornada unha experiencia concibida dende o esforzo, o rigor e a ilusión, dun equipo de compañeiros enfermeiros de atención primaria, que traballaron a reo para poder compartir este día con todos vós e podervos ofertar a máxima calidade en tódalas actividades que hoxe se están a levar a cabo.
O noso compromiso na organización de este evento, da comezo fai algo mais dun ano,e dende aquela primeira reunión, foron moitas as experiencias que nos trouxeron a este Final do Camiño, que para nós ao igual que para tantos pelegríns remata en Santiago de Compostela non na súa grandiosa Catedral ao pé do Apóstolo, pero si neste emblemático espazo de cultura que é o Auditorio de Galicia.
Foron moitos os camiñantes que ao noso carón percorreron este CAMIÑO AO FUTURO e a todos eles tanto o comité organizador como o científico queremos darlles as grazas, pois sen eles, o noso camiño sería en solitario, e deste xeito xamais teriamos chegado a meta.
Este Camiño oa Futuro é, o mesmo que percorre a nosa profesión, que arestora vive momentos únicos, de cambios continuos, a tódolos niveis, no académico coa instauración do Grao, no laboral ca prescrición enfermeira e co desenvolvemento da nosa especialidade, coa implicación dos profesionais na investigación enfermeira e moitos outros temas que se van debater ao longo desta Xornada Científica que leva a adiante a AGEFEC e que esperamos sexan do teu interese.
Reiterarvos a Benvida a todos dende a AGEFEC a Asociación de tódolos enfermeiros de atención primaria de Galicia.
Un Saúdo.
Ana Isabel Calvo Pérez.
Presidenta do Comité Organizador.
.
|