QUENES SOMOS
Somos un grupo de profesionais enfermeiras e enfermeiros que desenvolvemos a nosa labor profesional no eido da efermaría de Atención Primaria de Saúde da Comunidade Autónoma de Galiza, con ampla experiencia profesional como enfermeiras de Atención Primaria de Saúde e coa preocupación de promocionar a Enfermaría Familiar e Comunitaria.
QUE PRETENDEMOS
Despertar en tódolos profesionais de Atención Primaria de Saúde un interés polo desenvolvemento da nosa profesión, avanzar na nosa autonomía profesional, promover e mellorar os nosos coñecementos científicos, ser interlocutores coa Administración Sanitaria naqueles temas que teñan relación coa saúde e máis concretamente cos coidados de enfermaría, proxectar a sociedade unha imaxe máis acorde coa nosa valía profesional e conseguir o desenvolvemento da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
POR QUÉ É NECESARIA ESTA ASOCIACIÓN
Porque somos a única asociación científica de enfermaría en Atención Primaria en Galiza.
Porque nunca estivemos nin estamos representados como colectivo nas mesas ou foros de discusión donde se toman decisións que teñen que ver coa enfermaría de Atención Primaria.
Porque avanzar nos nosos coñecementos científicos, e por tanto mellorar a calidade dos coidados enfermeiros, supón un maior recoñecemento profesional.
Porque unindo as nosas forzas coas de asociacións afíns doutras comunidades autónomas, federándonos, supón unha maior forza para defender os grandes retos que vai ter que afrontar a enfermaría do conxunto do Estado nos próximos anos e en particular a enfermaría de Galicia:
-
Unha poboación avellentada que vai demandar unha gran cantidade de recursos socio-sanitarios.
-
Unha atención diferenciada á crecente poboación inmigrante coas súas particularidades étnicas, culturais e relixiosas.
-
Unhas plantillas raquíticas para os niveis de esixencia que se nos demanda.
-
Uns centros de saúde obsoletos e con medios escasos para o desenvolvemento do noso traballo.
-
Lexislacións que supoñen non só un atranco senón un retroceso no desenvolvemento da nosa actividade clínica e que impiden avanzar na nosa autonomía profesional.
-
Un decreto de especialidades que non se está desenvolvendo e por tanto non posibilita o acceso á especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
POR TODO ILO É POLO QUE QUEREMOS QUE A AGEFEC AGRUPE A TÓDOLAS ENFERMEIRAS E ENFERMEIROS DE ATENCIÓN PRIMARIA DE GALICIA. Contar co maior número de socios posible é un dos obxetivos a curto prazo, polo que vos animamos a que vos incorporedes a este proxecto, traballando con nós ou alomenos facéndonos chegar tódolas iniciativas que creades interesantes para o desenvolvemento da nosa profesión.
|