AGEFEC  
I XORNADA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA AGEFEC, SANTIAGO 26 DE ABRIL DE 2008.

 

O día 26 de abril vimos de celebrar a I XORNADA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA, AGEFEC en Santiago de Compostela. A asistencia colmou os desexos da organización, posto que podemos dicir que oubo un cheo no auditorio de Galiza, onde se desenvolveu o evento. Asistiron ao redor de 190 congresistas, dos cales 25 eran estudantes de enfermaría dos campus de Lugo e Santiago.

Os temas que se trataron dentro da xornada foron variados e contaron co interese do público que en todo momento sigueu o evento.

Presentáronse dez ponencias máis a conferencia inaugural, titulada "Enfermería Familiar Y Comunitaria. Clave Para Gestionar El Sistema Nacional De Salud", presentada por Dna. Maribel Macián Morro, enfermeira presidenta da FAECAP e a de clausura que levou por título "Novos Retos Na Docencia Da Enfermaría" e foi presentada por D. Juán Fernánez Varela, Catedrático de enfermaría da USC.

As mesas se estructuraron nos contidos de profesional, paciente e comunidade. Na mesa 1 falouse de Linguaxe estadarizada, ferramentas informáticas e coordinacións entre niveis. Na mesa 2 tratáronse os temas da lei da dependencia, Valoración de risco e medidas de prevención das UPP, Coidados paliativos e o coidado dos crónicos e dependentes. A mesa 3 contou cos seguintes, Experiencia en intervención comunitaria, Medios de comunicación e educación en hábitos saudables.

Nas mesas de comunicacións presentáronse 3 comunicacións orais, con títulos coma Adherencia Da Formación No Manexo Das Upp, Árbore De Decisións No Manexo De Úlceras Venosas En Membros Inferiores En Atencion Primaria De Saúde, Proxecto De Mellora De Calidade Na Cobertura De Vacinación Antitetánica Nun Centro De Saúde. As comunicacións en póster foron de 13 entre as que se plasmaron temas do máis variado.

En resumo teño que dicir que a xornada desenvolveuse de xeito moi dinámico e con unha organización impecable. Os temas elixidos foron acertados, moi interesantes e actuais. Os contidos das ponencias e os tempos ceñíronse estrictamene ao programa establecido.

Con todo o anterior teño que finalizar dicindo que a xornada foi un aténtico éxito en todos os seus aspectos. Non se pode menos que felicitar ao comité organizador e desexarlles, como mínimo, o mesmo acerto coa organización da próxima xornada.

Noraboa a todos os que traballaron na organización, aos poñentes e a todos aqueles que tiveron algo que ver no evento.