Tratóuse dunha xornada de formación títulada 'Axentes e recursos na intervención familiar' organizada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e celebrada na EGAP.Dentro do programa de apoio á educación familiar TECENDO REDES.
A xornada constou de 3 mesas redondas. Durante a segunda delas, baixo o título 'A intervención familiar desde a comunidade', interviron: como representante dos axentes sociais sanitarios a vicepresidenta da nosa asociación Ana Calvo enfermeira no centro de saúde de Mazaricos, Lola Sanz psicopedagoga no I.E.S.de Fontiñas Santiago de Compostela, así como unha representante do proxesto Preescolar na casa. Nos tres casos os relatorios puxeron de manifesto a importancia da colaboración de distintos axentes sociais en traballos de intervención comunitaria, de como a formación de equipos multidisciplinais fai que se complementen as distintas especialidades e se podan levar a cabo interesantes traballos de caractéis diferentes adicados a unha mellora na educación, na integración e na participación social.
Tamén quedou constancia da importante actuación que pode desenrolar a enfermaría de atención primaria na captación de situacións de risco familiar tanto pola nosa capacidade de relación cos distintos membros das familias coma polo noso papel de mediadores sociais. Deste xeito a AGEFEC fíxose eco desta realidade e puxo de manifesto a súa vontade de colaborar naqueles programas nos que a nosa presenza poida facer posible levar a cabo os programas de apoio e educación para as familias galegas.
Na xornada participaron todos os membros do equipo TECENDO REDES formado por 12 profesionais do ámbito socioeducativo que actúan a nivel comarcal desde as oficinas de Igualdade e Benestar nun ambiente cordial con contidos moi interesante e de alta calidade nas distintas intervencións. |