Cargando

50% de rebaixa na suscripción á revista EFC (Enfermería Familiar y Comunitaria) para os socios da AGEFEC

50% de rebaixa na suscripción á revista EFC (Enfermería Familiar y Comunitaria) para os socios da AGEFEC

A editorial da Revista EFC Fai unha oferta especial de suscripción a todas as sociedades que conforman FAECAP (onde se atopa a AGEFEC).

A oferta consiste nunha redución do 50% do prezo, que queda en 40 euros (antes eran 80 €) para todos os socios da FAECAP e por extensión, a todos os socios da AGEFEC. Esta oferta só se manterá no ano 2013.

A revista EFE é un proxecto interesante e mediante o cal podemos dar aos nosos socios a posibilidade dunha formación seria, preparada por profesionais da enfermaría comunitaria, acesible a domicilio, acreditada e cun prezo reducido.

Para que este proxecto sexa exitoso, require de subscricións, alén disto, cada número conleva un gran traballo que será realizado por todos os nosos compañeiros implicados no tema.

Coa axuda da vosa difusión e implicación, esta Revista converterase nunha publicación de referencia no noso ámbito, e polo tanto un valor para FAECAP e AGEFEC.
Podes tramitar a túa inscrición no seguinte enlace:

Suscribirse á revista EFC

 

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios