Cargando

AGEFEC REÚNESE CO PRESIDENTE DO COLEXIO DE ENFERMARÍA DE PONTEVEDRA.

AGEFEC REÚNESE CO PRESIDENTE DO COLEXIO DE ENFERMARÍA DE PONTEVEDRA.

agefec_colexo_pontevedraO presidente e as vicepresidentas de AGEFEC reuníronse na sede de Vigo co Presidente do Colexio de Enfermaría de Pontevedra, D. Carlos Fernández Gómez, completando así a ronda de encontros cos catro presidentes provinciais. Coma nas outras reunións os temas tratados foron:

  • Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria. Creación da categoría.
  • Inserción laboral dos especialistas vía EIR.
  • Acceso de enfermaría a postos de dirección.
  • Desemprego na profesión.
  • Xornada AGEFEC 2014 e Congreso FAECAP 2015.
  • Defensa da Sanidade Pública.

Por parte do Presidente da Organización Colexial foi clara a súa aposta pola especialidade e a súa disposición a colaborar, dentro das posibilidades da institución, con AGEFEC na promoción dos eventos que se organicen. Asemesmo, tamén mostrou a súa disposición a poñer ao servizo de AGEFEC as instalacións colexiais para os actos que organicemos.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios