Cargando

Crónica do VIII congreso de FAECAP e III encontro EIR de Enfermaría Familiar e Comunitaria

Crónica do VIII congreso de FAECAP e III encontro EIR de Enfermaría Familiar e Comunitaria

foto_chegada_aeroporto

Chegada da representación da AGEFEC ao IX congreso da FAECAP

Ao longo dos pasados días 8, 9 e 10 de maio celebrouse en Palma de Mallorca o VIII CONGRESO DE FAECAP e III ENCONTRO EIR DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA baixo o lema “Caminar y andar con la comunidad” ao que acudiron mais de 500 profesionais de toda España.AGEFEC estivo presente cunha amplia representación de socios e socias co obxectivo de coñecer de primeira man as novidades no campo da enfermaría comunitaria e compartir inquietudes con profesionais do resto de España, ademais de contar por primeira vez coa presenza dos alumnos que están cursando o primeiro ano da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria e con algúns da primeira promoción que están xa a punto de rematala noutras Comunidades Autónomas.Dous foron os temas expostos na conferencia inaugural e en mesas plenarias os que espertaron un especial interese nos congresistas, por unha banda o envellecemento da poboación e os problemas, tanto económicos coma sociais e sanitarios que leva asociados, que xa son visibles actualmente pero que o será dun xeito especial no futuro mais inmediato, e por outra banda o “produto saúde” que todos esperamos que poidan aportar os enfermeiros e enfermeiras especialistas ao Sistema de Saúde.

Ampliar a noticia

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios