Cargando

GALICIA CELEBROU A I XORNADA DE RESIDENTES DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA

GALICIA CELEBROU A I XORNADA DE RESIDENTES DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA

Santiago de Compostela, 29 de Maio do 2015

O acto organizado pola Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria este venres no salón de actos da Consellería de Sanidade foi valorado de éxito rotundo.

            novos residentes2      O acto comezou ás 11 da mañá de man do ex-Presidente da AGEFEC, Manuel Vidal Fernández Fernández que salientou a necesidade de especialistas de familia e comunitaria así como o recoñecemento a tódalas persoas implicadas na posta en marcha das unidades docentes que forman a estes enfermeiros especialistas, seguido do actual Francisco Jesus Represas Carrera e a Subdirectora Xeral de Programación e Planificación Asistencial da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, Dna. Teresa Queiro Verdes, que acudía en representación da Consellería de Sanidade. A representante de Sanidade destacaba o papel que ten que xogar a Atención Primaria como eixo vertebrador da asistencia, que cobrará máis forza nas estratexias 2020 así como o cada vez máis importante e relevante dos Enfermeiros e Enfermeiras de Familia e Comunitaria. A mesa inaugural foi clausurada por Dna. Susana Mirás Carballal, Presidenta do Comité organizador.belen

Na mesa da especialidade en Enfermaría Familiar e Comunitaria e inserción laboral, os diferentes representantes das organizacións sindicais expuxeron a súa visión da situación e a dificultade do reto que se ten entre mans. Foi unha mesa cun debate moi participativo no que o público coincidiu en que o reto era complexo e non se podía quedar na parálise pola análise e se debía poñer solución a un problema no que sempre se debían antepoñer os intereses dos pacientes.

            Susana Mirás presentou aos novos residentes e destacou que tanto residentes como especialistas “teñen que ser moi proactivos e se ven áreas que mellorar non agardar a que ninguén llo pida, se non que tomen a iniciativa e o leven a cabo”, frase que resume moi ben o papel proactivo dos Enfermeiros e Enfermeiras de Familia e Comunitarios.

            A continuación expuxeron os estudos de investigación que levaron a cabo durante a residencia os novos Enfermeiros especialistas en Familiar e Comunitaria.

            Álvaro Carrera, falou da relación entre o nivel de actividade física e os factores de risco cardiovascular, Belén Gómez sobre a prevalencia e a calidade de vida dos coidadores informais de persoas dependentes maiores de 65 anos, Ana Sáez sobre o coñecemento e a opinión das Enfermeiras de Atención Primaria sobre as terapias alternativas e complementarias, Mª Belén Vara, sobre a relevancia da avaliación da técnica de inxección de insulina e Sabela Muíño sobre as prestacións de Atención Domiciliaria por parte das Enfermeiras de Primaria e o perfil dos usuarios receptores deste servizo.

            Da man de Ignacio Couselo tivo lugar a mesa na que falaron Carmen Abeledo titora en Pontevedra e Herminia Ramil titora na Coruña do gran papel que xoga o titor na formación dos futuros especialistas, así como criterios de avaliación e métodos pedagóxicos.

            Ángel Alfredo Martínez Ques, en calidade de Presidente do Comité Científico procedeu a lectura de conclusións no que fixo finresis coruña0capé na importancia da investigación enfermeira na atención primaria de saúde facendo relevancia das conclusións das investigacións dos novos especialistas.

            O acto finalizou coa entrega do premio a mellor comunicación por parte de Manuel Vidal Fernández a Belén Gomez Castro, e así como diferentes agasallos aos novos especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria

            Dende a Sociedade Científica AGEFEC queremos mostra-lo noso máis fondo agradecemento a Consellería de Sanidade pola súa colaboración incondicional, así como aos membros dos comités organizador e científico por acadar este éxito na primeira edición.

            Tamén queremos agradecer a implicación de tódalas persoas que participan na formación dos residentes, que agocha detrás un duro traballo moi importante pouco recoñecido.

Ver máis imaxes

Breve presentación en vídeo

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios