Cargando

Libre Elección Enfermeira na Atención Primaria: o teu dereito, a túa saúde. Elixe o teu enfemeiro/a!

Libre Elección Enfermeira na Atención Primaria: o teu dereito, a túa saúde. Elixe o teu enfemeiro/a!

Santiago de Compostela, 27 de Xullo do 2015

AGEFEC_Cartel Libre Elección Enfermeira 20 agostoO vindeiro 21 de Agosto do 2015 entra en vigor o DECRETO 55/2015, do 26 de marzo, polo que se regula o exercicio do dereito á libre elección de persoal médico de familia, pediatra e persoal de enfermaría en atención primaria, e de centro ou complexo hospitalario por un problema de saúde novo, no Sistema público de saúde de Galicia.

Por esta razón, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria vai de poñer en marcha unha campaña de difusión para dar a coñecer o recoñecemento deste dereito dos usuarios do Servizo Público de Saúde de Galicia na Atención Primaria.

Todos aqueles socios que necesiten carteis para colgar no seu centro de saúde, poden solicitalos en secretariatecnica@agefec.org e seranlles enviados de xeito gratuíto.

 

Documento de Posicionamento da Xunta Directiva

AGEFEC_Cartel Libre Elección Enfermeira

Decreto 55 2015 do 26 de marzo – Libre elección enfermeira

 

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios