Cargando

AGEFEC reúnese co Conselleiro de Sanidade

AGEFEC reúnese co Conselleiro de Sanidade

  • Ao encontro asistiron o Conselleiro, a Directora Xeral de Recursos Humanos, o Presidente e os Vicepresidentes da AGEFEC.
  • A reunión xirou en torno a proposta de mellora dos coidados enfermeiros na Atención Primaria que elaborou AGEFEC.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria foi a primeira Sociedade Científica en ser recibida polo novo Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña. Na reunión asistiron o Conselleiro, a Directora Xeral de Recursos Humanos Margarita Prado Vaamonde, o Presidente da AGEFEC Francisco Jesús Represas Carrera e os Vicepresidentes da AGEFEC Álvaro Carrera García e Lorena Comesaña Diego.

Reunion conselleiro 30.11.12

O encontro xirou en todo momento en torno a proposta de mellora dos coidados enfermeiro na Atención Primaria que elaborou AGEFEC, e comezou por un dos temas máis transcendentes que é a inserción laboral dos Enfermeiros Especialistas en Familia e Comunitaria, da que se obtivo o compromiso dos alí presentes de que será unha realidade no 1º trimestre do 2016, a pesares do compromiso da anterior Conselleira de que sería neste 2015. AGEFEC puxo sobre a mesa de que na actualidade se están formando cada vez máis especialistas pero estes non están sendo fidelizados polo SERGAS a pesares do importante investimento que se realiza na súa formación (uns 60.000 € por especialista), cuestión da que na Consellería comprenden e insisten que están en camiño de solucionalo. Dende AGEFEC tamén se deixou totalmente claro que non se parará ata conseguir unha total implantación da especialidade na Atención Primaria.

En segundo lugar abordouse a cuestión da Estratexia Galega de Atención á Cronicidade no que dende AGEFEC se insistiu no papel principal que debe xogar na Atención Primaria a Enfermaría Familiar e Comunitaria. O Conselleiro trasladounos que se están desenvolvendo proxectos neste sentido e tamén o papel que esta xogando e xogará a historia clínica electrónica. Sobre esta última informounos de que se está a pilotar a nova historia clínica electrónica en varios centros, a cal pretende dar resposta as necesidades asistenciais da Enfermaría de Atención Primaria, e da que agardan que se poida implantar na totalidade dos centros de saúde no próximo ano 2016.

Dende AGEFEC manifestamos o noso total rexeitamento ao RD de Prescrición Enfermeira, asunto sobre o cal o Conselleiro manifestou que era significativo que un mes despois este RD inda non fose publicado.

Por último puxemos sobre a mesa a necesidade de fomentar as actividades comunitarias na Atención Primaria, como un xeito de achegarnos realmente a poboación e ter un carácter proactivo. O Conselleiro mostrouse interesado pola iniciativa e dixo que o ideal sería facer un proxecto piloto con vistas a desenvolvelo en tódalas EOXI.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria quere manifestar o seu agradecemento ao Conselleiro por recibirnos e agardamos que o compromiso de que a Categoría Profesional de Enfermeiro/a Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria sexa unha realidade no 1º trimestre do 2016.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios