Cargando

A Mesa Sectorial acorda por unanimidade a creación da categoría de Enfermeiro/a Especialista de Familia e Comunitaria

A Mesa Sectorial acorda por unanimidade a creación da categoría de Enfermeiro/a Especialista de Familia e Comunitaria

  • A Mesa Sectorial celebrada este venres 12 de Febreiro puxo solución a unha demanda que leva tras de si anos de traballo.
  • O Proxecto de Decreto deberá ser aprobado polo Consello da Xunta e publicado no DOG para entrada en vigor.

O 14 de Xaneiro do 2014 a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria firmaba un acordo conxunto cos sindicatos con representación na Mesa Sectorial reclamando a inserción laboral dos Enfermeiros/as Especialistas en Familiar e Comunitaria. Este foi un punto de inflexión do que sería un avance lento pero sen pausa. Dous anos despois de innumerables reunións e dun gran traballo desenvolto pola AGEFEC cos especialistas e residentes galegos, lograr este acordo é un gran paso previo ao que será a creación oficial da categoría profesional e a inserción dos Enfermeiros/as Especialistas en Familiar e Comunitaria.

Dende AGEFEC queremos agradecer o apoio recibido e o traballo realizado polas Organizacións Sindicais, polas Sociedades Científicas Enfermeiras e Médicas así como tamén polo Consello e Academia de Enfermería de Galicia como dos Colexios Oficiais de Enfermaría provinciais de Galicia. Tamén queremos felicitar a Consellería de Sanidade pola redacción do texto presentado hoxe a pesares de chegar máis de dous anos tarde. Confiamos en que inserción laboral sexa moito máis rápida do que foi o proceso de creación da categoría ata hoxe.

Congratúlanos que este Proxecto de Decreto contemple o sistema polo que accederán aqueles Enfermeiros Especialistas de Familia e Comunitaria “sen título” que por mor da grave demora do Ministerio de Educación non tiveron aínda a oportunidade de realizar o exame da vía extraordinaria. Agardamos que o Servizo Galego de Saúde sexa fiel ao acordado e recollido no texto, para que cando chegue o momento todos estes profesionais vexan recoñecida a súa especialidade na catalogación do seu posto de traballo.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria como non podía ser doutro xeito aposta decididamente pola especialidade, como ferramenta para mellorar a calidade da Atención Primaria e tamén para estar a altura dos retos asistenciais que nos toca afrontar. Xa que a fin última dun sistema sanitario público forte, de calidade, eficiente e resolutivo é prestar a mellor atención nas mellores condicións aos usuarios e pacientes do mesmo.

Confiamos en que o desenvolvemento da Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria ao igual que o resto de Especialidades Enfermeiras, se faga decidida e progresivamente, procurando a estabilización dos Enfermeiros/as Especialistas para amortiza-lo investimento económico, humano e docente feito neles, como tamén para garanti-la viabilidade e continuidade das Unidades Docentes incorporando novos Titores de Residentes.

agefec

agefec

1 Comment

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios