Cargando

NOVO MANUAL SOBRE A ABORDAXE INTEGRAL DO ALCOHOL EN ATENCIÓN PRIMARIA

NOVO MANUAL SOBRE A ABORDAXE INTEGRAL DO ALCOHOL EN ATENCIÓN PRIMARIA

O 17 de Xuño do 2016 tivo lugar en Cartaxena a Xornada Nacional sobre Alcohol na Atención Primaria organizada por SOCIDROGALCOHOL na que colaborou a “Federación de Asociacións de Enfermería Comunitaria e Atención Primaria” (FAECAP) á que AGEFEC pertence.

Nesta xornada presentouse o “manual de consenso sobre alcohol en atención primaria”, que podes descargar libremente a través do seguinte enlace:

http://www.socidrogalcohol.org/images/pdf/Manual-de-consenso-sobre-alcohol-en-atencion-primaria.pdf

Na elaboración deste manual, en representación de FAECAP participou o actual Presidente da AGEFEC, Francisco Jesús Represas Carrera que foio autor do primeiro capítulo titulado “promoción de estilos de vida saudables e prevención dos problemas relacionados co alcohol”.

Este manual establece vías de consenso entre SOCIDROGALCOHOL e as Sociedades Científicas médicas e enfermeiras de atención primaria, co obxectivo de diminuír a variabilidade na práctica clínica diaria en canto ao abordaxe integral do alcoholismo dende o primeiro nivel asistencial.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios