Cargando

Campaña Gripe 2016

Campaña Gripe 2016

O vindeiro día 24 de outubro arrinca a campaña de vacinación antigripal e antipneumocócica 2016 que rematará o 23 de decembro.

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria lembramos da importancia da vacinación nos grupos de risco (maiores de 60 anos, residentes en institucións pechadas, fogares de anciáns, centros de crónicos, mulleres embarazadas, nenos e adultos con risco de complicacións derivadas da gripe) así como aqueles que poden ser transmisores do virus aos grupos de risco (sanitarios, forzas e corpos de seguridade do Estado, bombeiros, persoal de protección civil…), xa que mediante a vacinación, a gripe, e principalmente as súas complicacións, o risco de hospitalización e morte se reduce mediante a vacina, que debe administrarse as persoas de 60 ou máis anos ou pertencentes a outros grupos de risco.

Tamén lembrámosvos que tedes a vosa disposición en www.gripe.sergas.gal toda a información necesaria sobre a gripe, a vacina, a instrución de vacinación e toda aquela que vos poida ser de utilidade para proporcionar aos pacientes.

Instrución 5/16 campaña de gripe 2016

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios