Cargando

AGEFEC reúnese co Director de Docencia do SERGAS

AGEFEC reúnese co Director de Docencia do SERGAS

O día 18 de outubro o Presidente da AGEFEC, Francisco J. Represas, e a Tesoureira da AGEFEC Silvia M. Pazos, reuníronse na sede da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) con Rodrigo Gómez Ruiz, Director da Área de Xestión do Coñecemento e o Talento.

reunion-docencia-sergas-18-10-16

Neste encontro os representantes da AGEFEC analizaron xunto ao Director de Docencia a oferta de prazas EIR da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria para a próxima convocatoria de 2017, onde se ofertarán un total de 21 prazas. Transmitíndolle a necesidade de aumentar o número de prazas para a formación de especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria.

O Director, transmitiulles aos membros da Xunta Directiva da AGEFEC a súa aposta polo incremento das prazas formativas pero reafirmou as grandes dificultades que están tendo na acreditación de novos titores o que deu lugar que no vindeiro ano 2017 se diminúa unha praza de formación especializada con respecto á oferta deste 2016. Así mesmo, indicou que están a espera de recibir a acreditación definitiva do Ministerio de Sanidade das Unidades Docentes Multiprofesionais de Lugo e Santiago de Compostela, expedientes que foron enviados xa fai más dun ano e medio.

Co obxectivo de fomentar e incentivar a labor dos titores na formación especializada, o Director de Docencia informounos tamén de que están a traballar nun Decreto de formación especializada no que se recoñecerá previsiblemente unha formación específica para titores ademais doutros incentivos.

Por último o Presidente da AGEFEC invitou a asistir ao Director de Docencia ao “II Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia” que terá lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da cidade de Ourense, o próximo 25 de novembro.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios