Cargando

Ourense acollerá o II Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia

Ourense acollerá o II Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia

  • Titores de toda Galicia reuniranse no Centro Cultural Marcos Valcárcel para avaliar e continuar mellorando a formación dos Enfermeiros/as Especialistas de Familia e Comunitaria.
  • A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria organiza por segundo ano consecutivo este evento científico.

O evento organizado pola Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) reunirá este venres 25 de novembro en Ourense a Titores da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria na que estarán representadas tódalas unidades docentes galegas.

Este II Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia,  da continuidade as conclusións obtidas no V Encuentro Nacional de EIR y Tutores organizado pola AGEFEC no 9º Congreso de FAECAP así como do 1º Encontro de Titores organizado en Ferrol o pasado ano.

Nesta edición, os participantes coñecerán o estudo feito pola AGEFEC en relación a valoración das competencias da especialidade feita por Titores, Especialistas e Residentes, que será o fío condutor para achegar propostas de mellora en canto á formación teórica na especialidade.

Tamén aproveitarán a ocasión para compartir experienciac entre os titores para poder seguir avanzando na formación dos futuros especialistas.

A conferencia de clausura correrá a cargo do Director da Área de Xestión do Coñecemento e o Talento da Axencia de Coñecemento e Innovación en Saúde, D. Rodrigo Gómez Ruiz.

O comité organizador está presidido por Álvaro Carrera García, Vicepresidente 1º da AGEFEC. Asume o papel de Secretaria nesta ocasión Ana Sáez Ribao, Vogal de Saúde Pública e Comunitaria da AGEFEC. Participan como Vogais do Comité Organizador, María Florentina Vale Iglesias, Presidenta da Subcomisión de Enfermaría Familiar e Comunitaria da Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria de Ourense, xunto a Nieves Quintairos Estévez, María González Fondado e Alberto Rodríguez Seoane, Especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Preme aquí pra acceder ao programa do Encontro

 

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios