Cargando

Coordinar esforzos e unificar criterios na formación, ideas clave no II Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia

Coordinar esforzos e unificar criterios na formación, ideas clave no II Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia

  • A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) celebrou esta segunda edición no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.
  • A Axencia de Coñecemento en Saúde, a través da Rede Galega de Unidades Docentes impulsará a formación sanitaria especializada en Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Uns 30 asistentes de toda Galicia asistiron este venres 25 de novembro ao 2º Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia organizado pola Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), na que puideron debater sobre melloras necesarias a aplicar na formación dos Enfermeiros especialistas en Familiar e Comunitaria.

encontroDesta volta a área principal analizada foi a formación teórica no período de residencia, para o cal o Comité Organizador levou a cabo un estudo no que titores, residentes e especialistas avaliaron a súa formación e competencias. A maiores o Comité Organizador tamén comparou a formación impartida polas diferentes Unidades Docentes do País. En palabras do Presidente do Comité Organizador, Álvaro Carrera, “desta volta con este estudo quixemos ter unha primeira impresión obxectiva sobre o que se está a facer ben e o que se pode mellorar durante a formación”.

A maiores os asistentes tiveron a oportunidade de compartir a súa experiencia como titores e abordar temas como a avaliación continuada da formación impartida, a formación externa dos titores e coñecer recursos de apoio para a execución de proxectos de investigación dos residentes.

A conferencia de clausura correu a cargo do Director da Área de Xestión do Coñecemento e o Talento da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), Rodrigo Gómez Ruiz que destacou que temos diante o reto dun cambio cultural e que a formación sanitaria especializada mellorará co impulso da Rede Galega de Unidades Docentes (REDEGA), tamén coa adaptación aos cambios e co impulso da formación aos titores e a canalización de ferramentas que o faciliten.

Unha das ideas que máis saiu a luz durante este segundo encontro foi a necesidade de unificar criterios de formación e coordinar e xuntar esforzos para aproveitar mellor os recursos formativos durante a formación dos futuros especialistas.

Dende a Xunta Directiva da AGEFEC e dende o Comité Organizador deste segundo encontro, queremos transmitir o noso máis sincero agradecemento a tódolos asistentes por facer o esforzo de acudir a esta nova edición e tamén por participar tan activamente achegando a súa experiencia e as súas ideas. Así mesmo, tamén queremos facer mención especial ao Director da Área de Xestión do Coñecemento e o Talento da ACIS, Rodrigo Gómez, pola súa presenza e participación durante toda a xornada, así como tamén pola súa magnífica conferencia de clausura.

Enfermeros de familia debaten sobre formación. La Región de Ourense 25 de novembro do 2016

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios