Cargando

Electrocardiografía Básica, un libro de referencia avalado pola AGEFEC

Electrocardiografía Básica, un libro de referencia avalado pola AGEFEC

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, a proposta dos autores revisou e avalou esta publicación científica.

María Blanco Vidal, Enfermeira da EOXI de Ferrol, xunto a Emiliano Fdez-Obanza Windscheid, Médico de Familia e Cardiólogo tamén da EOXI de Ferrol, son os autores desta magnífica obra que fomenta a aprendizaxe da electrocardiografía dunha maneira moi didáctica. Esta obra diríxese en especial a estudantes e titulados de enfermaría e  medicina, ademais de ser unha ferramenta útil e sinxela para os profesionais da saúde que non utilicen a electrocardiografía de forma habitual na súa labor asistencial.

Esta publicación susténtase en tres pilares básicos:

  • Análise sistemático do electrocardiograma coa fin de lograr que as respostas flúan e evitar pasar por alto información relevante.
  • Repetir unha e outra vez os aspectos básicos, para integra-la sistemática e apuntalar o coñecemento.
  • Presenza abundante de exemplos, imaxes e esquemas.

Os responsables de levar a cabo esta revisión por encargo da Xunta Directiva, foron os integrantes do grupo asesor de formación e investigación da AGEFEC: José María Rumbo Prieto, Angel Alfredo Martínez Ques, Camilo Raña Lama, Xosé Luis Álvarez Prieto e Juan Carlos Arbor Aldea.

A edición deste libro polo de agora é limitada. Porén, os participantes do próximo curso de ECG que se celebrará na cidade de A Coruña os próximos 2 e 9 de outubro deste ano 2017 (anuncio do curso pendente de publicar), seralles facilitado un exemplar como manual formativo para devandita actividade.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios