Cargando

Subvención competitiva para proxectos de investigación sobre VIH/SIDA e outras ITS

Subvención competitiva para proxectos de investigación sobre VIH/SIDA e outras ITS

A Consellería de Sanidade publicou no DOG, o pasado venres 11 de Agosto, a Orde pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual que se realicen en Galicia por entidades privadas sen ánimo de lucro.

Tanto o VIH como o sida son un dos principais problemas a nivel de saúde publica en Galicia e a nivel mundial. Con este anuncio conséguese seguir dando impulso a actividades,que entidades sen ánimo de lucro están facendo no ámbito da saúde pública, en relación co VIH/sida e outras ITS.

Nesta iniciativa da Consellería de Sanidade, coa oferta de subvencións competitivas para proxectos de investigación, ten cabida a AGEFEC. Polo que si eres socio da AGEFEC e estás interesado en formar parte dun equipo investigador, só tes que presentar un proxecto de investigación na liña que marcan as bases, fáinolo saber a través da seguinte conta de correo (secretariatecnica@agefec.org).

O prazo para a presentación dos proxectos de investigación remata o próximo 11 de setembro.

 

Preme no seguinte enlace para máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170811/AnuncioC3K1-070817-0001_gl.html

 

alberto

alberto

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios