Cargando

Acordo da AGEFEC e a Comisión Sanitaria de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS)

Acordo da AGEFEC e a Comisión Sanitaria de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS)

Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) ven de chegar a un acordo coa Comisión Sanitaria de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS), polo que financiamos a totalidade do custo para que un socio/a da AGEFEC acuda en misión internacional na Atención Primaria da Wilaya de Bojador, entre os días 2 e 9 de Decembro. A misión ten como obxectivo principal a asistencia na comunidade a pacientes con enfermidades crónicas e contribuír na mellora da salubridade medioambiental deste pobo Saharaui.

Os interesados en acudir terán ata o día 1 de Novembro ás 24h para comunicárnolo a través do correo secretariatecnica@agefec.org . A selección final do socio/a da AGEFEC que acudiría a dita misión internacional, será realizada pola SOGAPS.

 

Para calquera cuestión ou para ampliar información, poden poñerse en contacto coa responsable da SOGAPS de dita misión a través do seguinte correo asociacionsogaps@yahoo.es .

 

Máis información premendo na seguinte ligazón:

SOLICITUDE DE VOLUNTARIOS

 

alberto

alberto

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios