Cargando

O SERGAS convocará por primeira vez prazas en OPE de Enfermeiro/a Especialista en Familiar e Comunitaria

O SERGAS convocará por primeira vez prazas en OPE de Enfermeiro/a Especialista en Familiar e Comunitaria

Tal e como se deu a coñecer a través das redes sociais das organizacións sindicais da mesa sectorial e a través da propia Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde convocará 10 prazas de persoal estatutario Enfermeiro/a especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Este fito histórico, é froito dun duro e intenso traballo, continuado e sen precedentes dos membros da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), capitaneado nos últimos anos polo grupo asesor de Promoción da Especialidade.

Chegar aquí non é o final dun recoñecemento laboral, se non que é o primeiro pequeno gran paso que permitirá que o SERGAS amortice o investimento realizado na formación de especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria, feito que non está ocorrendo nestes momentos ao non ter en consideración a formación dos mesmos para optar a vínculos de carácter temporal no ámbito da súa especialidade.

Dende a AGEFEC queremos valorar positivamente esta primeira e simbólica oferta de emprego público da categoría de persoal estatutario de Enfermeiro/a especialista en Familiar e Comunitaria. Nembargantes, en relación ao número de prazas consideramos que é claramente insuficiente, xa que non responde a necesidade real de Enfermeiros/as especialistas en Familiar e Comunitaria que precisa a Atención Primaria, e máis tendo en conta o cuantioso número dos que o SERGAS dispón nestes momentos en servizos hospitalarios nos que non aproveita a súa excelente formación.

Lembramos que dispoñer destes especialistas na Atención Primaria permitirá abordar con mellores garantías retos asistenciais como o da cronicidade, a pluripatoloxía, fraxilidade e todos aqueles outros nos que os coidados enfermeiros xogan un papel clave.

Por último, consideramos que a entrada dos Enfermeiros/as especialistas en Familiar e Comunitaria, suporá un impulso de gran magnitude para a Atención Primaria, ao igual que representou no seu momento a chegada dos Médicos especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria, desta volta para completar e fortalecer a labor de prevención e promoción da saúde nun contexto dunha Atención Primaria máis Comunitaria.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios