Cargando

Servizo Galego de Saúde

Obxectivo histórico cumprido: segundo paso para que a Atención Primaria conte con especialistas en EFeC

Este martes 4 de xullo, o Diario Oficial de Galicia publica a RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes á formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria no ámbito das institucións sanitarias […]

Galicia contará co calendario de vacinación de adultos dende o 3 de xullo

Fonte: Venres epidemiolóxico Volume 6│número 12 │16 xuño 2017 As enfermidades previbles mediante vacinación son unha causa importante de morbi-mortalidade na idade adulta, polo que é necesario estender as políticas de vacinación aos adultos co fin de reforzar o impacto dos programas de vacinación infantil e tentar controlar esas infeccións. Neste sentido, o Consello do […]

AGEFEC e Sindicatos reclaman a inmediata contratación temporal dos Enfermeiros Especialistas en Familiar e Comunitaria

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) compareceu conxuntamente cos sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UXT para solicitar ao SERGAS a apertura inmediata dos listados de selección temporal dos Enfermeiros Especialistas en Familiar e Comunitaria e a operatividade das mesmas para este 2017. Ante a situación desoladora e de extrema gravidade na que […]

Os Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria reclaman a inserción dos especialistas na Atención Primaria galega

Nunha carta dirixida ao Conselleiro de Sanidade, mostran o “máis profundo desacordo” en relación á provisión de prazas vacantes de Enfermaría Familiar e Comunitaria nos Centros de Atención Primaria. A carta nace como reacción ao profundo malestar no colectivo de Atención Primaria ante o bloqueo e a nula posta en valor dos Enfermeiros Especialistas en […]

O Parlamento de Galicia, insta por unanimidade á Xunta a crear prazas de Enfermeiro especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria no SERGAS

A comisión 5ª de Sanidade, acordou por unanimidade de tódolos grupos parlamentarios emprazar a Xunta de Galicia pra dotar os cadros de persoal do SERGAS con Enfermeiros/as Especialistas en Familiar e Comunitaria. Os Grupos Parlamentarios do Parlamento de Galicia (PP, En Marea, PSdeG e BNG) acordaron por unanimidade pedir a Xunta de Galicia que cree […]

Os enfermeiros de Atención Primaria denuncian publicamente que o SERGAS non valora os méritos e a capacitación para traballar neste nivel asistencial

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, denuncia publicamente o nulo interese do SERGAS por ter en Atención Primaria aos Enfermeiros cos mellores méritos e capacitación tras os recentes acordos en materia de mobilidade provisional. Nun momento no que o SERGAS quere fomentar a cultura do coñecemento, é incongruente non valorar méritos como a […]

AGEFEC reúnese coa Portavoz de Sanidade de En Marea

O pasado xoves 19 de xaneiro do 2017, no marco de contacto con tódolos grupos do Parlamento de Galicia, representantes da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), mantiveron un encontro coa Portavoz de Sanidade de En Marea no Parlamento de Galicia, a Vicepresidente 2ª do Parlamento Eva Solla. Pola parte de AGEFEC acudiron […]

Plan Galego de Atención á Cronicidade

AGEFEC participará no desenvolvemento do “Plan Galego de Atención á Cronicidade” que o SERGAS comezará a elaborar de forma inmediata, o cal representa para a nosa Sociedade Científica unha absoluta prioridade. Tal é como se recolle no noso plan de mellora dos coidados enfermeiros na Atención Primaria. A persoa designada pola Xunta Directiva da AGEFEC para representar […]

Calendario de Vacinación Infantil 2017 Galicia

AGEFEC reúnese co Portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario do PSdeG

Este luns 14 de novembro, o Presidente e a Tesoureira da AGEFEC, Francisco Represas e Silvia Pazos, reuníronse co novo voceiro de sanidade do Grupo Parlamentario do PSdeG, Julio Torrado Quintela. No encontro analizouse principalmente a situación da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria no seu aspecto laboral e formativo, situacións das Unidades Docentes, Titores, […]

1 2 3 5

Agefec é necesaria.
Somos necesarios