Cargando

Vía extraordinaria

Vía extraordinaria

O Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de Enfermaría regulou de novo o Título de Enfermeiro Especialista e recoñeceu a Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, que non entraría en vigor ata o ano 2010 coa publicación da Orde SAS/1729/2010 do 17 de xuño, pola que se aproba e publica o programa formativo da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

A disposición transitoria segunda do RD 450/2005, actualizado co RD 639/2014 establece que aqueles Enfermeiros/as que acrediten o exercicio profesional e superen unha proba de avaliación da competencia poderán obter dito título na especialidade correspondente.

A Resolución do 17 de xullo do 2009 da Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Educación, establece as bases da convocatoria da proba da competencia.

Os requirimentos que foron esixidos polo RD 450/2005 para acceder pola vía excepcional ao título de especialista foron:

  1. Ter exercido como enfermeiro/a as actividades propias da especialidade que se solicitou durante un período mínimo de catro anos.

  2. Ter exercido como enfermeiro/a as actividades propias da especialidade que se solicitou durante un período mínimo de dous anos, sempre que, ademais, se acreditase a adquisición dunha formación continuada acreditada, segundo o previsto na Lei 44/2003, do 21 de novembro, de polo menos 40 créditos no eido da respectiva especialidade. Considerouse cumprido o período de formación complementaria cando o interesado acreditase estar en posesión dun título de postgrao de carácter universitario que incluíse unha formación relacionada coa respectiva especialidade non inferior a 20 créditos ou 200 horas.

  3. Ter exercido durante polo menos tres anos como profesor de Escolas de Enfermaría e adscritas, nas áreas de coñecemento relacionadas coa especialidade da que se tratase, sempre que, ademais, se acreditase polo menos un ano de actividade asistencial en actividades propias da especialidade solicitada.

O prazo de presentación de solicitude para Enfermaría Familiar e Comunitaria rematou o 22 de Marzo do 2011.

Actualmente tódolos Enfermeiros/as que solicitaron o recoñecemento do Título de Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, están pendentes de realizar o exame da proba da competencia mediante o cal se lles recoñece o título.

Dende AGEFEC, a través da FAECAP estamos a traballar para que esta proba se realice o máis pronto posible para recoñecer oficialmente a tódolos/as Enfermeiros/as Especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria, así como ter preparado e actualizado o temario da proba.

Documentación de Interese

pululart

pululart

DEIXA UN COMENTARIO

Agefec é necesaria.
Somos necesarios