Cargando

A ESPECIALIDADE DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA INCLÚESE NO NOVO PACTO DE SELECCIÓN TEMPORAL DO SERGAS

Hoxe día 30 de xuño, publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola  que  se  dispón  a  publicación  do  pacto  subscrito  pola  Administración sanitaria  coas  centrais  sindicais  CIG,  CESM-O ́MEGA,  CC.OO.,  UGT  e  CSIF, sobre selección de persoal estatutario temporal do […]

O SERGAS vai promocionar as actividades de titoría dos profesionais en materia de formación especializada do persoal sanitario no Servizo Público de Saúde

O Consello de Dirección do Servizo Galego de Saúde adoptou este acordo o 15 de xuño que será referente no impulso de medidas en procesos de mobilidade voluntaria e tamén para garantir espazo no seu tempo de traballo para tarefas administrativas. A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, despois da experiencia de varias promocións […]

Curso on-line: “O profesional de enfermaría ante a saúde bucal dos pacientes crónicos”

Dende a AGEFEC, queremos convidarte a participar nunha nova proposta de formación continua acreditada que consiste nunha posta ao día respecto da xerostomía ou a síndrome da boca seca. Por AGEFEC participan como autores do temario deste curso: Sonia Arias Iglesias e Miguel Ángel Carreiro Alonso. Grazas á FAECAP e ao patrocinio de LACER podemos […]

AGEFEC oponse a que se realicen coberturas na Atención Primaria con Enfermeiros de Atención Hospitalaria

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) considera que é unha mala práctica que as coberturas estivais na Atención Primaria se realicen con Enfermeiros do ámbito de coidados médico-cirúrxicos. Dende a creación das Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXIs), mediante a fusión das antigas Xerencias de Atención Primaria coas Xerencias de Atención Hospitalaria […]

V Xornadas Científicas da AGEFEC o 14 e 15 de outubro en Vigo

Vigo, cidade que nace do mar, industrial e mariñeira onde as súas xentes únense para tirar xuntos dunha mesma rede; foi elixida para acoller os próximos 14 e 15 de outubro as V Xornadas Científicas da AGEFEC (Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria), que teñen por lema “Rede de coidados. Traballando en equipo”, e […]

Galicia acolleu a 2ª Xornada de Residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria

O acto organizado pola Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria este venres no salón de actos da Consellería de Sanidade obtivo un importante respaldo institucional. Tamén acudiu o Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña quen anunciou que a creación da categoría estatutaria de enfermeiro especialista do Servizo Galego de Saúde comeza xa “os seus […]

AGEFEC segue promocionando a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria nas universidades

Un ano máis, o Grupo de Promoción da Especialidade da AGEFEC, retoma a súa campaña informativa nas facultades de Enfermaría de Galicia co obxectivo de dar a coñecer a nosa especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, así como o seu programa formativo. Nas sesións realizadas durante o mes de maio tratáronse diversos aspectos relacionados coa […]

AGEFEC reúnese coa Dirección Xeral de Saúde Pública

AGEFEC reivindicou que o departamento valore a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria para a contratación eventual de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria, polas súas competencias neste ámbito. O venres 20 de maio, unha delegación da AGEFEC formada polo Vicepresidente 1º Álvaro Carrera e a Vogal de Saúde Pública e […]

AGEFEC reclama un modelo de Atención Domiciliaria máis preventivo e con máis recursos

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria ven de remitir no día de hoxe varias cartas dirixidas a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS reclamando un novo modelo de Atención Domiciliaria acorde a nova realidade asistencial. Nas misivas dirixidas a varios cargos da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, entre eles o seu titular, […]

AGEFEC participou nas diferentes xornadas e conmemoracións do día da Enfermaría

Tanto as socias e socios como os membros da directiva acudiron e participaron nas diferentes xornadas, actos e conmemoracións polo Día Internacional da Enfermaría. O mércores 11 de maio, arrincaron as XI Xornadas de Enfermaría de Ourense, que levaron como lema “Liderando coidados para adaptarse ás novas realidades sociais”. A elas acudiu unha ampla representación […]

1 22 23 24 25 26 43

Agefec é necesaria.
Somos necesarios