Cargando

Via Residencia

Via Residencia

Unha das reivindicacións históricas do colectivo Enfermeiro da Atención Primaria foi sempre que se recoñecese a nosa especialidade, a de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Este recoñecemento tiña como claro obxectivo mellorar a calidade de vida e atención dos nosos cidadáns, mediante profesionais formados especificamente para prestar os mellores coidados na Atención Familiar e Comunitaria, é dicir, nos recursos máis accesibles e próximos aos cidadáns.

Este recoñecemento comezou no Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de Enfermaría que regulou de novo o Título de Enfermeiro Especialista e recoñeceu a Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, que non entraría en vigor ata o ano 2010 coa publicación da Orde SAS/1729/2010 do 17 de xuño, pola que se aproba e publica o programa formativo da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

O artigo 3 deste Real Decreto, explica que a formación destes especialistas se levaría a cabo por medio do sistema de residencia en unidades docentes acreditadas para a formación especializada.

Son Enfermeiros Residentes, aqueles que pra obter o título de Enfermeiro Especialista, permanecen nas unidades docentes acreditadas durante un período limitado no tempo, de práctica profesional programada e tutelada conforme ao previsto no programa formativo, pra obte-los coñecementos, técnicas, habilidades e actitudes propios da especialidade en cuestión, de xeito simultáneo a progresiva asunción por parte do Enfermeiro/a Residente da responsabilidade inherente ao exercicio autónomo de dita especialidade.

O acceso a Formación Especializada faise mediante a superación do exame anual do EIR, e unha vez obtida a puntuación (90% Exame + 10% currículo) asígnaselle ao aspirante un número por medio do cal elixe destino e especialidade.

Comprácenos dicir, que a día de hoxe, a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria é a que máis prazas de formación oferta en Galicia.

Todo elo froito do gran esforzo persoal daquelas persoas que configuran as unidades docentes (Presidentes das Subcomisións de Enfermaría das Unidades Docentes Multiprofesionais de Atención Familiar e Comunitaria, Xefes de Estudos, Titores e Titores Colaboradores EIR, ) así como Direccións de Enfermaría, AGEFEC, Subdirección Xeral de Docencia da Consellería de Sanidade, etc.

A día de hoxe a oferta de prazas da Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria é a seguinte:

UNIDADE DOCENTE PRAZAS OFERTADAS

2016

PRAZAS OFERTADAS

2017

A Coruña

Ferrol

Pontevedra

O Salnés

Vigo

Ourense

6

4

2

2

6

2

5

4

2

2

6

2

Lugo

Santiago

   
TOTAL 22 21

Documentación de interese

  1. DECRETO 81/2016, do 23 de xuño, polo que se crea no ámbito do Servizo Galego de Saúde a categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista.
  2. Las organizaciones participantes en la II Jornada por la Especialidad en Enfermería Familiar y Comunitaria, celebrada el pasado 30 de mayo de 2014, exigen el reconocimiento de la Especialidad en Enfermería Familiar y Comunitaria
  3. Acordo sindical polo impulso da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria
  4. Real decreto polo que se regula a relación laboral especial de residencia para a formación de especialistas en Ciencias da Saúde.
  5. Acordo marco de colaboración entre o Ministerio de Sanidade, Servizossociais e igualdade e o ConselloXeneral de ColexiosOficiais de Enfermaría de España.
  6. Acordo do Ministerio de Sanidade, Servizossociais e Igualdade – ConselloXeneral de Enfermaría – Sindicato de Enfermaría.
pululart

pululart

DEIXA UN COMENTARIO

Agefec é necesaria.
Somos necesarios