Encontro entre a AGEFEC e o Colexio Oficial de Enfermaría de Ourense.
O pasado día 29 de xaneiro o Presidente, Manuel-V. Fernández Fernández e as vicepresidentas Ana I. Calvo Pérez e Rita Díaz Hoyos, foron recibidos nas novas instalacións do Colexio Oficial de Enfermaría de Ourense pola Presidenta Colegial Dna. Ascensión Pérez Sampayo, o Secretario D. José Miguel Tomé Fondo e Vogal de Primaria Dna. Mª Angelines Conde Álvarez.
En dita reunión abordáronse algúns dos temas que AGEFEC considera fundamentais para o desenvolvemento da enfermaría de Primaria e da especialedade de Enfermaría Familiar e comunitaria:
- Esixencia de que se convoquen mais prazas de EIR de EFeC e a inserción laboral dos especialistas no campo no que se forman.
- Creación da categoría profesional de EFeC.
- Modificación dos actuais baremos de contratación, traslados e OPEs.
- Acceso dos enfermeiros/as a postos de dirección nas UU. e SS. de A.P.
- Valorizar o papel de enfermaría no seguimento do paciente crónico.
- Compromiso e defensa da Sanidade Pública.
- O desemprego na profesión e posibles liñas de actuación.
- Colaboración de AGEFEC coas organizacións colexiais para a defensa da profesión e da especialidade.
- Congresos de FAECAP 2013 en Mallorca e 2015 en Galicia.
Houbo plena coincidencia en temas como a defensa da especialidade, os novos baremos de méritos, a creación da categoría de EFeC e no seguimento por enfermaría do paciente crónico.
AGEFEC tamén mostrou a súa disposición para colaborar coas organizacións colexiais para elaborar un libro blanco da profesión en Galicia que recolla a actual situación da profesión, as actuales inquietudes dos profesionais, amenzas e oportunidades
Non están permitidos os comentarios.