A Comunidade Valenciana xa ten a categoría profesional de especialista en EFeC
11 Xuño, 2013
Estimados compañeiros no Diario Oficial da Comunidade Valenciana do día 7 deste mes de xuño, publicouse a creación da categoría profesional de EFyC xunto coa táboa retributiva. É unha moi boa nova para toda a enfermaría de Atención Primaria de España pero especialmente para os compañeiros da Comunidade Autónoma Valenciana que, a partir de agora, ábreselles a vía laboral aos enfermeiros e enfermiras que recentemente remataron a especialidade.
Dende AGEFEC continuaremos loitando para que o Servizo Galego de Saúde dése de conta de que é posible crear a categoría profesional de especialista sen que iso supoña un incremento dos custes laborais para a Administración.
Consulta o Diari Oficial de la Comunitat Valenciana
Non están permitidos os comentarios.