Atención primaria e atención hospitalaria é o mesmo para a Consellería de Sanidade
3 Xullo, 2013
Unha vez mais, e co pretexto de que se pechan camas, estáselle a ofertar aos profesionais da enfermería dos hospitais facer coberturas de ausencias por vacacións nos Centros de Saúde, para así, ir borrando, pouco a pouco, a cada vez mais tenue liña divisoria entre a Atención Primaria e a Atención Hospitalaria, co risco que iso conleva tanto na perda de calidade asistencial coma de risco para a saúde dos pacientes.
Non están permitidos os comentarios.