Reunión da AGEFEC co voceiro en materia de Sanidade do Partido Popular no Parlamento de Galicia.
24 Xullo, 2013
O 23 de xullo de 2013 a AGEFEC, representada polo seu presidente e un membro da asociación, reuniuse no Parlamento de Galicia co voceiro de Sanidade do Partido Popular. A libre elección de enfermeiro vai sair adiante e ademais Don Miguel Santalices, mostrouse a favor da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria así como da creación da especialidade. A finais de setembro a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria volverá ter contato para ver cómo queda a redacción final da lei e a ver que lle transmite o departamento de Recursos Humanos da Xunta de Galicia en relación co tema da especialidade.
Non están permitidos os comentarios.