A AGEFEC subscribe o “Manifiesto” que asinan conxuntamente numerosos Colexios de Enfermaría.
Pola presente, infórmoche que a Asociación Galega de Enfermería de Familia e Comunitaria (AGEFEC), en consonancia co posicionamento de FAECAP subscribe o “Manifiesto” que acaban de asinar os Colexios de Enfermaría de Alicante, Barcelona, Baleares, Castellón, Murcia, Pontevedra, Valencia, conxuntamente con el Consejo de Enfermería de la Comunidad Valenciana y la Conferencia Nacional de Decanos/as de Enfermería.
Dito “Manifiesto” rexeita a pretensión do Ministerio de Sanidad, Política Social e e Igualdad de obrigar as enfermeiras xeneralistas de superar un curso de 150-180 horas, e o dobre de horas as enfermeiras especialistas para poder usar e indicar e autorizar medicamentos e produtos sanitarios non suxeitos a prescrición médica, é dicir, o mesmo que vimos facendo a día de hoxe.
O Ministerio, de seguir adiante tal como aparece reflectido no proxecto de Decreto, ademais de provocar inseguridade nos profesionais da enfermaría, vai alterar un dos principios básicos do actual Sistema de Saúde, que é o de igualdade, ao non ter acceso tódolos cidadáns a mesma prestación de coidados, xa que dito curso en ningún caso pode ser obrigatorio.
Xúntoche o proxecto de Decreto de regulación da prescrición e o “Manifiesto” aludidos.
Recibe un afectuoso saúdo,
Asdo. Manuel-V. Fdez Fdez
Presidente
Non están permitidos os comentarios.