Cargando

Libre elección de enfermera nos centros de saúde de Galicia

Libre elección de enfermera nos centros de saúde de Galicia

Santiago, a 9 de Xuño de 2010No DOGA do día 3 de xaneiro de 2014, saíu publicada a Lei de garantías de prestacións sanitarias”. Dita Lei, recolle unha das demandas que AGEFEC lle transmitiu no seu momento á Conselleira de Sanidade Dna. Pilar Farjas e que lle volvemos a lembrar na reunión mantida con Dna. Rocío Mosquera a raíz do seu nomeamento coma Conselleira de Sanidade, que os cidadáns puideran exercer a súa liberdade para elixir o enfermeiro/a de familia responsable dos seus coidados. Este fito, que tamén da cumprida resposta a unha petición dos usuarios, vai requirir dun desenvolvemento regramentario  para facer efectiva a súa implantación, de tal xeito que aquel profesional que soporta mais carga de traballo, teña unha xusta compensación económica.

Que os enfermeiros e enfermeiras teñamos cota propia, ademais dunha responsabilidade, vai supoñer unha oportunidade para  por en valor a nosa competencia profesional a hora de afrontar un dos maiores retos aos que teñen que facer fronte tódolos profesionais da saúde  e o Servizo Galego de Saúde que é a atención a cronicidade.

Quedan aínda moitos retos por acadar como son o desenvolvemento desta norma, cambios no actual modelo de coidados de enfermaría centrado na patoloxía cara a un modelo centrado na persoa, no que os enfermeiros/as exerzamos de xestores do benestar e tamén da enfermidade do paciente e deixemos de facer en exclusiva técnicas de pouco valor engadido a saúde das persoas, que os especialistas atopen traballo no campo laboral no que se formaron ou que a Hª.C. IANUS se desenvolva e integre todas aquelas ferramentas que son imprescindibles para favorecer o rexistro da nosa actividade clínica.

Para que todo iso suceda necesitamos de todos vós, dunha AGEFEC forte para seguir acadando retos que pouco a pouco fagan mais visible a nosa contribución a saúde dos cidadáns.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios