A AGEFEC solicita que o tempo traballado como EIR se teña en conta a tódolos efectos como tempo traballado no Servizo Galego de Saúde.
3 Febreiro, 2014
O pasado día 30 de xaneiro saiu publicada a baremación provisional do proceso de actualización das listas de selección temporal da categoría de enfermeiro/a, e dado que non hai unidade criterio das distintas Comisións de Valoración a hora de valorar o tempo de traballo dos especialistas en formación como traballo efectivo nos distintos Servizos de Saúde do Estado, AGEFEC remitiu carta a Directora Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde solicitando que dito tempo traballado se teña en conta a tódolos efectos como tempo traballado no Servizo Galego de Saúde.
Podes consultar dita carta aquí
Asdo. Manuel-‐V. Fdez Fdez Presidente
Non están permitidos os comentarios.