Acreditación de tódalas UU.DD como de Atención Familiar e Comunitaria de Galicia
O desenvolvemento da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, a súa visibilidade social e a formación dos enfermeiros e enfermeiras de atención primaria son obxectivos fundacionais de AGEFEC.
Dende a AGEFEC facemos unha aposta indiscutible pola nosa especialidade en tódolos aspectos convencidos de que a incorporación de especialistas en formación nos Servizos de Atención Primaria supón un reto pero tamén un estímulo para os titores, ademais dun enriquecemento persoal e profesional para ambos e unha mellora na cantidade e calidade da carteira de servizos que se oferta a cidadanía.
Con ese motivo e co empuxe dos enfermeiros e enfermeiras especialistas e EIRs de AGEFEC, comezamos este ano cunha intensa actividade coa finalidade de:
― Acadar a tan ansiada “proba de avaliación da competencia” para o acceso pola vía extraordinaria a titulación de especialista.
― Creación da categoría de especialista en Galicia por parte do SERGAS, apertura de lista de contratación específica e proxección da especialidade na sociedade.
― Inserción laboral de tódolos especialistas en atención primaria.
― Acreditación das sete UU.DD. de Galicia como de Atención Familiar e Comunitaria con oferta de prazas de EIR en formación en todas elas na convocatoria de 2015.
― Alomenos duplicar a oferta de prazas EIR para o ano 2015, pasando das 14 deste ano 28.
― Acadar unha óptima e o mais homoxénea formación posible de tódolos EIRs nas UU.DD. de Galicia.
― Acadar que se elabore “un libro do residente de enfermaría familiar e comunitario” único e común para tódalas UU.DD.
Nestes escasos dous meses o grupo de promoción da especialidade e a presidencia de AGEFEC despregaron un intenso traballo que consistiu en:
― Buscar, contactar, e establecer unha rede de contactos con practicamente tódolos EIRs e especialistas de Familia galegos, independentemente de donde fixeran a residencia.
― Entrevistarse con tódolos sindicatos con representación na Mesa Sectorial.
― Solicitar entrevista a D. Xeral de Recursos Humanos do SERGAS.
― Enviar carta as D. de Enfermaría e Xefes de Estudos das UU.DD. donde non hai prazas de EIRs de enfermaría de familia.
― Enviar carta as D. de Enfermaría e Xefes de Estudos das UU.DD. donde hai prazas de EIRs de enfermaría de familia.
― Enviar carta a D. Xeral de Investigación Docencia e Innovación.
― Informar a tódolos EIRs e especialistas da rede de contactos dos pasos que se van dando.
― Reclamar que se lles puntúe como tempo efectivo de traballo a tódolos especialistas os dous anos de tempo de formación.
― Modelo para, quen o crea oportuno, presente recurso de reposición diante de RR.HH. reclamando nulidade do baremo do concurso de traslados por non contemplar como méritos as publicacións ou aportación científica contravindo o espírito da Lei 44/2003.
― Contacto con tódalas Facultades de Enfermaría ou Escolas ofrecendo un seminario para explicar aos alumnos como se accede a especialidade en que consiste o período formativo e as competencias que se deben acadar.
Non están permitidos os comentarios.