Cargando

A AGEFEC reúnese coa Directora Xeral de Recursos Humanos do SERGAS e demanda a creación da categoría de Enfermaría Familiar e Comunitaria

A AGEFEC reúnese coa Directora Xeral de Recursos Humanos do SERGAS e demanda a creación da categoría de Enfermaría Familiar e Comunitaria

Unha delegación da Xunta Directiva de AGEFEC encabezada polo presidente Manuel Vidal Fernández Fernández, a vogal de EIRs Lorena Comesaña Diego, e o  EIR Francisco Jesús Represas Carrera, foi recibida pola Directora Xeral de RR.HH o pasado día 13 de marzo nas dependencias do Servizo Galego de Saúde.

reunion_agefec_rrhh_sergasFroito dun intenso traballo levado a cabo nestes últimos meses pola Xunta Directiva e EIRs socios de AGEFEC, acadouse o obxectivo de  que tódolos sindicatos con representación de enfermaría na Mesa Sectorial asinaran, xunto con AGEFEC, un documento no que todos subscribimos a necesidade de crear a categoría de enfermeiro/a especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria e a creación dunha lista de contratación específica, documento que foi entregado no Sergas xunto con unha petición de entrevista coa Directora Xeral de Recursos Humanos o pasado día 14 de xaneiro.

En dita entrevista, que se desenvolveu nun ambiente distendido e cordial, a Directora Xeral manifestou total coñecemento da problemática que se presenta na actualidade, ao remataren o período formativo os enfermeiros/as especialistas en formación e que ata o de agora non teñen ninguna posibilidade de por ao servizo dos cidadans as competencias adquiridas, e a xusta aspiración de moitas enfermeiras non especialistas de traballar en primaria. Con todo, manifestou o seu compromiso de crear a categoría ao longo do presente ano co obxectivo de definir prazas con dotación económica para o 2015, para  continuar, ano a ano, incrementando prazas da nova categoría segundo se vaian producindo xubilacións, nun proceso que previsiblemente se desenvolverá de forma paulatina e a longo prazo. Con este motivo creouse, e xa tivo a primeira reunión de traballo, unha Comisión Técnica coa fin de elaborar un informe que se presentará na Mesa Sectorial, no que se recollan as bases xustificativas para a creación das distintas categorías profesionais da especialidade que a día de hoxe contan con especialistas e que aínda non están creadas.

AGEFEC, ofreceu a súa dispoñibilidade para asesorar, ser consultada, informar e ser informada en todo o procedemento, coa fin de acadar o maior consenso posible que leve ao obxectivo final de que se cren prazas da categoría de enfermeira especialista, e que os especialistas traballen no campo profesional propio da súa titulación e formación, feito que a Directora Xeral agradeceu.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios