Cargando

Primeira sesión do grupo de traballo “Promoción da especialidade” de AGEFEC. Escola de enfermaría de POVISA (Vigo)

Primeira sesión do grupo de traballo “Promoción da especialidade” de AGEFEC. Escola de enfermaría de POVISA (Vigo)

O Grupo de Promoción da Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria  de AGEFEC ten entre os seus obxectivos específicos dar a coñecer a especialidade e o seu programa formativo no ámbito das universidades. Con esta fin ofertouse a tódalas universidades de enfermaría galegas a realización de sesións informativas que acheguen aos alumnos a experiencia formativa EIR.

1_promocion_da_especialidade_2Froito desta proposta tivo lugar o pasado 13 de marzo 2014, na Escola de Enfermaría de Povisa (Vigo) a primeira sesión informativa dirixida aos alumnos de 2º curso. Durante a sesión, tratáronse dende aspectos xerais, como o desenvolvemento normativo das distintas especialidades ou o acceso á formación especializada, ata aspectos máis concretos como o desenvolvemento do programa formativo nas Unides Docentes galegas e a situación actual da especialidade na nosa comunidade, tanto a nivel formativo como de expectativas laborais.

1_promocion_especialidade_1A valoración por parte do alumnado tanto do contido como da forma en que se expuxo e desenvolveu a sesión foi positivo, segundo se recolleu na enquisa de satisfacción que se pasou ao remate da sesión, considerando ademais que a información achegada é útil para o seu desenvolvemento profesional. Os poñentes, pola nosa parte, tamén valoramos esta experiencia como enriquecedora e positiva xa que nos permitiu coñecer as opinións e suxerencias dos futuros profesionais, todo dentro dun ambiente distendido e de cordialidade grazas aos responsables do centro e aos propios alumnos.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios