Cargando

O grupo de traballo “Promoción da Especialidade” de AGEFEC continúa coa súa andaina na Facultade de Enfermaría de Ourense.

O grupo de traballo “Promoción da Especialidade” de AGEFEC continúa coa súa andaina na Facultade de Enfermaría de Ourense.

facultade_enfermeria_ourenseCoa fin de seguir dando a coñecer a especialidade e o programa formativo da Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria no ámbito das universidades, este Luns 24 de Marzo, os alumnos da Facultade de Enfermaría de Ourense tiveron a oportunidade de achegarse a experiencia do EIR.

Na sesión, tratáronse aspectos xerais relacionados coa formación sanitaria especializada, como o desenvolvemento normativo, o acceso á formación especializada, e tamén aspectos máis concretos como o desenvolvemento do programa formativo nas Unides Docentes galegas e a situación actual da especialidade na nosa comunidade, tanto a nivel formativo como de expectativas laborais.

Unha vez máis a valoración do alumnado foi positiva segundo a enquisa de satisfacción recollida ao remate da sesión, considerando tamén que a información achegada é útil para o seu desenvolvemento profesional.

De novo dende o Grupo de Promoción da Especialidade da AGEFEC, valoramos a experiencia enriquecedora e positiva xa que nos achega cada vez máis a realidade das inquedanzas dos nosos futuros profesionais.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios