Cargando

Xornada sobre o futuro profesional da enfermaría na Universidade de Vigo

Xornada sobre o futuro profesional da enfermaría na Universidade de Vigo

O Grupo de Promoción da Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria de AGEFEC, para poder cumprir co obxectivo de dar a coñecer a especialidade e o programa formativo no ámbito Universitario, participou o pasado 30 de Abril na Xornada informativa sobre as saídas profesionais en enfermaría, levadas a cabo pola Facultade de Enfermaría do Hospital Meixoeiro (Vigo), dirixida ao alumnado de 4º ano de Grado.
Tratáronse temas actuais e de interese para a profesión como foron: o acceso laboral e papel da enfermaría no estranxeiro, Alemaña e Inglaterra, Enfermaría e a acción humanitaria, e a formación especializada que contou coa participación de especialistas en: Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica, Enfermaría Familiar e Comunitaria, Enfermaría en Saúde Mental.

xornada_enfermaria_uvigo

Ademais falouse doutros temas como o acceso á formación Máster e Doutorado e unha breve explicación das bolsas de contratación: documentación, baremo, OPE… etc.
Dende o grupo de traballo “Promoción da especialidade” de AGEFEC, valoramos como moi positivas estas iniciativas xa que ademais de darnos a oportunidade de achegarnos aos futuros profesionais, permítenos estar actualizados na relación entre os compañeiros doutros ámbitos da Enfermaría.

Lorena Comesaña Diego
Especialista en EFeC

Tags

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios