Cargando

O grupo de Promoción da Especialidade achega a experiencia EIR aos alumnos da Facultade de Enfermaría de Ferrol.

O grupo de Promoción da Especialidade achega a experiencia EIR aos alumnos da Facultade de Enfermaría de Ferrol.

O Grupo de promoción da Especialidade continúa a súa labor de achegar a experiencia EIR e dar a coñecer o programa formativo entre os futuros profesionais que están a formarse nas universidades galegas. O pasado xoves día 15 de maio, foi o turno dos alumnos de 2º de Grao da Facultade de Enfermaría de Ferrol.

agefec_ferrol_xornadas_eir

Durante a sesión tratáronse diversos aspectos relacionados coa formación especializada: desenvolvemento normativo, acceso á formación especializada, provisión de prazas…

Xa no ámbito máis concreto da nosa especilidade tratouse o desenvolvemento do programa formativo nas Unidades Docentes de Galiza así como as perspectivas laborais tanto dentro da nosa comunidade como no resto de Estado.

Por parte do alumnado a valoración da sesión foi positiva e útil, segundo se desprende da enquisa de satisfacción recollida ao remate da sesión. Pola nosa parte a experiencia foi do máis satisfactorio, permitíndonos coñecer a opinión e expectativas dos nosos futuros compañeiros.

As actividades de promoción da especialidade continuarán o vindeiro 30 de Maio, data na que terá lugar a “ XVIII Xornada de Orientación Profesional en Enfermaría” dirixida aos alumnos que rematan os seus estudos de Grao. O grupo de promoción da especialidade participará na mesa redonda “Alternativas Profesionais en Enfermaría: Especialización profesional” na que, xunto a outros especialistas de enfermaría, abordarase a situación actual das distintas especialidades tanto a nivel formativo como laboral.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios