Cargando

Dez razóns para que os servizos de saúde contraten enfermaría especialista en Atención Familiar e Comunitaria

Dez razóns para que os servizos de saúde contraten enfermaría especialista en Atención Familiar e Comunitaria

logo_agefec_100px

 

 

Os Enfermeiros/as especialistas en Atención Familiar e Comunitaria son os profesionais co perfil mais axeitado, dentro da Enfermaría de Atención Primaria, do actual Sistema de Saúde, para acadar unha maior eficacia e eficiencia asistencial.

 

Os enfermeiros e enfermeiras especialistas, despois de rematar o Grado de Enfermaría, aproban un duro exame convocado polo Ministerio de Sanidade, inverten dous anos de formación titorizada fundamentalmente no ámbito da Atención Primaria de saúde, ó rematar dita formación vense destinados a un futuro incerto sen posibilidade de traballar no ámbito para o que se formaron. O Sistema de Saúde no se pode permitir desaproveitar os especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria porque son os profesionais idóneos para:

 

  1. Liderar a organización do traballo de Atención Primaria nos procesos que requiren de planificación e seguimento de coidados mais complexos, realización de actividades administrativas de coordinación con outros servizos, coidados de práctica avanzada e procedementos técnicos mais complexos.
  2. Realizar un seguimento adecuado das patoloxías crónicas e problemas de saúde agudos da poboación, asumindo integramente a xestión da demanda enfermeira do centro.
  3. Aumentar os estándares de calidade en coidados valorados a través da información que se rexistra nas historias clínicas dos usuarios.
  4. Conseguir unha maior implicación en actividades de educación e promoción para a saúde e intervención/participación comunitaria, tendo una maior iniciativa para levar a cabo novos proxectos e análise das necesidades da poboación.
  5. Fomentar a atención integral, integrada, continuada e continua necesaria na Atención Primaria fomentando o traballo multidisciplinar. Traballar con programas de organización asistencial xa coñecidos no que o paciente está como principal beneficiado (Paciente Crónico Complexo, Pacientes con Enfermidade Crónica Avanzada, Programa pre alta,…)
  6. Realizar atención domiciliaria proactiva cun obxectivo de intervención, valoración e atención integral das familias e do entorno de persoas fráxiles e con dependencia
  7. Fomentar o traballo multidisciplinar e a coordinación cos demais niveis asistenciais.
  8. Formar ós residentes de Enfermaría e Medicina Familiar e Comunitaria ou de outras especialidades que rotan por Atención Primaria.
  9. Identificar e valorar as necesidades de formación e os factores que inflúen no aprendizaxe de coidados no ámbito familiar e comunitario, permitindo dar unha resposta eficaz e eficiente.
  10. Detectar e intervir en situacións de fraxilidade socio-sanitaria das persoas en tódalas etapas da súa vida.

 

Grupo de traballo “Promoción da especialidade”

 

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios