Cargando

Os enfermeiros e enfermeiras especialistas esiximos o recoñecemento profesional tanto na empresa pública como na privada

Os enfermeiros e enfermeiras especialistas esiximos o recoñecemento profesional tanto na empresa pública como na privada

Posicionamento das Asociacións de Enfermaría de Saúde Mental, Traballo e Saúde Laboral, Matronas, Xeriatría, Pediatría, e Familiar e Comunitaria.

logos_asociaciones_enfermeria

As Sociedades Científicas de Enfermaría de Saúde Mental (ANESM), de Traballo e Saúde Laboral (AET), Matronas (AGAM), Xeriatría (SGXX), Pediatría (AGAPap) e Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), as únicas que, a día de hoxe contan cun programa formativo para as respectivas especialidades, reclamamos o recoñecemento das especialidades de enfermaría nas convocatorias de postos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia tanto nas empresas públicas como no ámbito privado.

As Sociedades Científicas mencionadas non entendemos como a Administración Pública, despois de facer unha custosa inversión na formación de especialistas, unha vez rematado seu proceso formativo, estes quedan excluídos do ámbito laboral sen posibilidade de, na maioría dos casos, poñer ao servizo dos cidadáns as competencias adquiridas.

Os enfermeiros especialistas somos un recurso que non pode ser desbotado. O Sistema de Saúde non pode permitirse o luxo de desaproveitar estes profesionais, xa que os usuarios e usuarias do Servizo Galego de Saúde merécense ser atendidos por profesionais coa mellor formación e coa máxima seguridade posibles ao longo do seu ciclo vital.
As sociedades arriba citadas, facemos un chamamento, tanto a empresa pública como a privada para que, de cara a cobertura de vacantes de enfermaría nas súas plantillas, contemplen como primeira opción a contratación dun enfermeiro ou enfermeira especialista.

  • Asociación Galega de Matronas (AGAM)
  • Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC)
  • Asociación Nacional de Enfermería de Salud Mental (ANESM)
  • Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX)
  • Asociación de Especialistas de Enfermería del Trabajo (AET)
  • Asociación Galega de Pediatría en atención primaria (AGAPap)
Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios