IV Xornadas Científicas da AGEFEC.
8 Xullo, 2014
Os próximos días 17 e 18 de octubre, celebraranse as IV Xornadas Científicas da AGEFEC (Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria), que no seu percorrido por Galicia, este ano temos a honra de que se celebre na cidade de Ourense, no incomparable marco do “Centro cultural Marcos Valcarcel”.
Tanto o comité científico coma o organizador procuramos elaborar un programa que a vez que serva para mellorar os nosos coñecementos, aptitudes e habilidades tamén nos faga reflexionar sobre o noso futuro e novos retos profesionais.
O lema das Xornadas é WWW.ENFERMERIAECOIDADOS@GEFEC.COMUNICANDONOS, con este lema queremos reflectir un programa baseado en tres piares:
- As novas tecnoloxías, cada vez mais presentes no noso traballo.
- A comunicación, fundamental na enfermería F.e C.
- Os coidados, enfocados ao gran desafío da cronicidade.
Non están permitidos os comentarios.