Reunión do grupo de traballo “Promoción da especialidade” da AGEFEC
O pasado 21 de Xullo celebrouse no Hospital Clínico de Santiago a primeira reunión do grupo de traballo “promoción da especialidade” de AGEFEC, na que estiveron presentes mais de trinta residentes e especialistas de Enfermaría Familiar e Comunitaria, contando coa presenza da totalidade dos residentes da nosa especialidade que se están a formar nas diferentes Unidades Docentes Multiprofesionais de todo Galicia.
O presidente de AGEFEC, Manuel-Vidal Fernández Fernández, como introdución a esta reunión quixo destacar a importante labor que están levar a cabo os actuais especialistas e residentes para lograr o recoñecemento laboral da nosa especialidade tanto no SERGAS coma no ámbito privado, así como a importancia de tódalas actividades que se están a levar a cabo, coa fin de promocionar a nosa especialidade en todos os seus ámbitos (académico, social, laboral,…).
Entre tódolos temas tratados na reunión, destacaron: a baremación do tempo traballado durante a residencia na bolsa de contratación vixente, inserción laboral dos especialistas, congreso FAECAP 2015, Xornadas AGEFEC 2014 que se celebrarán en Ourense o 17 e 18 de outubro, situación actual das Unidades Docentes en relación ao aumento de prazas EIR e as actividades formativas e informativas sobre a especialidade que se levaron a cabo neste curso nas diferentes Facultades de Enfermaría de Galicia.Tamén se abordou a posta en marcha de novas actividades, onde resalta o compromiso de organizar, no mes de Maio de 2015, unha xornada de benvida aos novos residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria, así como a clausura e despedida da 2ª promoción de especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia.
Esta reunión, que nace coa intención de celebrarase cada ano, é posible grazas ó intenso traballo que leva despregando AGEFEC co obxectivo do desenvolvemento de nosa profesión a través da especialización.
Non están permitidos os comentarios.