Galicia posiciónase como a quinta comunidade autónoma con máis prazas ofertadas para formación de especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria
Publicada no BOE de 17 de setembro de 2014, a Orde SSI/1674/2014 de 10 de setembro, pola que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas para o acceso no ano 2015, a prazas de formación sanitaria especializada.
Tras esta nova convocatoria, Galicia situase como a cuarta Comunidade Autónoma con máis prazas acreditadas e a quinta con maior número de prazas ofertadas por detrás da Comunidade de Madrid, Cataluña, Castela e León e a Comunidade Valenciana.
Dende o ano 2011 ofértanse en Galicia prazas de Enfermeira/o Interno Residente (EIR) en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Neste primeiro ano, acreditáronse 10 prazas, das cales se ofertarían 4, dúas na Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria (UDMAFeC) de A Coruña e outras dúas na UDMAFeC de Ferrol. Dende esta data a oferta non deixou de aumentar, multiplicándose o número de prazas no ano 2012 e acreditando no 2013 a Unidade Docente Multiprofesional de Pontevedra.
Actualmente en Galicia contamos con catro Unidades Docentes Multiprofesionais de Atención Familiar e Comunitaria, trala recente acreditación da UDMAFeC de Vigo, ofertándose polo tanto, 5 prazas en A Coruña, 4 en Ferrol, 6 en Pontevedra e 4 en Vigo:
2015 |
||
Unidade Docente | Prazas acreditadas | Prazas ofertadas |
Ferrol | 4 | 4 |
A Coruña | 6 | 5 |
Vigo | 20 | 4 |
Pontevedra | 6 | 6 |
Lugo | Non acreditada | |
Ourense | Non acreditada | |
Santiago | Non acreditada | |
TOTAL | 40 |
19 |
AGEFEC aposta dende os seus comezos pola enfermaría especialista en Atención Primaria, e traballa pola acreditación de tódalas Unidades Docentes de Medicina Familiar e Comunitaria da nosa Comunidade Autónoma en Multiprofesionais de Atención Familiar e Comunitaria e que se poidan ofertar un maior número de prazas formativas sen perder garantías de calidade na súa formación.
Pero aínda queda un gran reto por acadar e no que AGEFEC está a poñer todo o seu esforzo, como é a inserción laboral dos actuais e futuros especialistas no Servizo Galego de Saúde que esperamos que se poida acadar ao longo do 2016 coa preceptiva creación da categoría profesional, e que se convoque a proba de acceso a especialidade pola vía excepcional para así garantir que na Atención Primaria traballen os profesionais coas competencias específicas para este ámbito profesional.
Non están permitidos os comentarios.