Cargando

IV XORNADAS DE AGEFEC

IV XORNADAS DE AGEFEC

mesa_1De totalmente exitosas podemos calificar as IV XORNADAS DE AGEFEC celebradas os días 17 e 18 de outubro no incomparable marco do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense. Con arredor de 250 persoas inscritas entre os asistentes aos obradoiros do día 17 e a Xornada do día 18, ademais dos 3 simposios paralelos as expectativas cumpríronse sobradamente.

Dende o punto de vista científico, aínda que as comunicacións presentadas (7 comunicacións orais libres e 9 pósteres), pódense considerar aceptables, pero estamos convencidos que coa paulatina incorporación dos EIRs a tódalas unidades docentes de Galicia e a inserción laboral dos especialistas no ámbito de atención primaria a produción vai sufrir un salto cuantitativo e cualitativo.

UntitledNa primeira mesa redonda tratáronse tres temas interesantes e moi de actualidade como son a cronicidade e o reto que supón a atención a cronicidade e a pluripatoloxía para o Sistema de Saúde e o que as TICs poden aportar tanto na educación para a saúde como no asesoramento dos cidadáns con patoloxías crónicas e o papel proactivo que debemos desenvolver as enfermeiras usando estas tecnoloxías e ademais da oportunidade que nos brinda este escenario para que os profesionais nos fagamos preguntas racionais, é dicir, “investigar”.

A segunda mesa, a dos EIRs e especialistas, levantou unha grande expectación entre os asistentes polo relatorio das súas experiencias formativas, expectativas laboráis, e frescura expositiva.

mesa_2A conferencia de clausura non defraudou a ninguén. A pesar da premura de tempo Carmen Ferrer soubo conectar coa asistencia dende a primeira frase da súa alocución da conferencia “Empoderamento dende o prisma dos coidados”, na que ilusionou a tódolos asistentes enxalzando a potencialidade da nosa profesión, do espazo profesional que debemos resgardar do apetito doutros profesionais e do espazo que temos que ganar no campo dos coidados.

 

As IV XORNADAS DE AGEFEC remataron coa leitura das conclusión científicas por parte da presidenta do Comité Científico, Carmen Ananín e da entrega de premios.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios