14 de Novembro: Día mundial da Diabetes
- A diabetes é a enfermidade endocrina máis frecuente, cunha taxa de prevaleza en aumento.
- A enfermería de Atención Primaria ten un papel primordial en canto a prevención de complicacións en pacientes diabéticos.
O obxectivo do día mundial da Diabetes, é concienciar sobre unha das enfermidades crónicas de maior prevaleza. Dito día foi instaurado pola Federación Internacional de Diabetes (FID) e pola organización Mundial da Saúde (OMS). Celébrase o 14 de Novembro, posto que é o aniversario de Frederick Bnating, que xunto con Best descubriron a Insulina no ano 1921.
A Diabetes afecta entorno a 382 millóns de persoas en todo o mundo, segundo datos da FID, e calcúlase que esta cifra podería alcanzar os 592 millóns no ano 2030.
En España segundo os resultados obtidos no Centro de Investigación Biomédica en rede de Diabetes e Enfermidades Metabólicas asociadas (CIBERDEM), do Instituto de Saúde Carlos III, reflexa que a prevaleza total de diabetes se sitúa en torno o 14%, de este porcentaxe o 95% corresponde a pacientes con diabetes tipo 2.
Os profesionais de Atención Primaria, temos un papel fundamental en torno a esta enfermidade, fundamentalmente en materia de prevención. A maioría dos casos de Diabete tipo 2 poden ser previdos e as complicacións asociadas coa diabetes pódense evitar con estilos de vida e ambientes saudables.
En Atención Primaria realizamos prevención primaria, evitando que os factores de risco aparezan, inculcando hábitos de vida saudable na poboación xeral: fomento de exercicio físico, dieta equilibrada, diminución de hábitos tóxicos, etc.
En canto a prevención secundaria, incídese sobre os pacientes con factores de risco, procurando diagnósticos precoces. Unha vez que o paciente é diagnosticado de Diabetes, a labor da enfermaría familiar e comunitaria centrarase na prevención de complicacións da enfermidade a corto e a longo prazo. Corresponde polo tanto a enfermería familiar e comunitaria unha educación sanitaria ós pacientes diabéticos, concienciándoos sobre a súa enfermidade e como previr a aparición de complicacións crónicas.
Cada ano na celebración do Día Mundial da Diabetes a FID lanza unhas mensaxes claves na súa campaña, que teñen como obxectivo crear conciencia. As mensaxes claves para a campaña 2014 son:
- “Fágamos que os alimentos saudables sexan a opción fácil”.
- “Alimentación saudable: infórmate e decide”.
- “Unha alimentación saudable comeza co almorzo”.
A campaña do Día Mundial da Diabetes 2014 marca o primeiro de tres anos (2014-2016) dunha campaña que se centrará na “vida saudable e a diabetes”. Ademais continuaranse desenrolando actividades baixo o eslogan tradicional. “Diabetes: protexamos o nosos futuro”.
Susana Mirás Carballal
Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria
Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria (AGEFEC)
Non están permitidos os comentarios.