Cargando

Aumento do número de horas de gardas dos residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria da Unidade Docente de Pontevedra

Aumento do número de horas de gardas dos residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria da Unidade Docente de Pontevedra

logo_agefec_100pxOs profesionais de enfermaría residentes da Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria de Pontevedra conseguen co apoio da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria o aumento do número de horas de atención continuada ás 34 horas mensuais.

Os residentes de  Enfermaría Familiar e Comunitaria da Unidade Docente de Pontevedra soamente podían facer 20 horas de garda ó mes, en detrimento da súa formación e retribución económica. Isto estaba a supor unha discriminación con respeto ás demais  Unidades Docentes de Atención Familiar e Comunitaria de Galicia onde os residentes que se estaban a formar alí facían as 34 horas mensuais de atención continuada.

Foron 6 meses de intensa negociación, nos cales os residentes da Unidade Docente de Pontevedra mantiveron diversas reunión con coordinadores de docencia, xefe de estudos, Dirección de RRHH de Pontevedra e Dirección de RRHH do SERGAS.

AGEFEC axudou en todo momento ós residentes de Pontevedra enviando diversos escritos dirixidos á Dirección de RRHH do SERGAS, Xerente da EOXI de Pontevedra, Dirección de RRHH de Pontevedra, Subdirección de Docencia e Investigación do SERGAS e a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS.

Consciente de que o éxito da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria é reflexo directo da calidade no seu proceso formativo desde AGEFEC secundamos tódalas accións que supoñan unha mellora formativa na nosa especialidade sendo consciente de que aínda queda un gran reto por acadar e no que temos que seguir traballando, como é o logro da inserción laboral dos actuais e futuros especialistas para garantir que na Atención Primaria traballen os profesionais coas competencias específicas para este ámbito profesional.

 

Manuel Vidal, Presidente da AGEFEC

Francisco Jesús Represas, coordinador do grupo de traballo “promoción da especialidade” de AGEFEC

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios