Cargando

Modificación dos baremos de mérito na categoría de enfermaría no SERGAS

Modificación dos baremos de mérito na categoría de enfermaría no SERGAS

logo_agefec_100pxO pasado 18 de Decembro de 2014 publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de concurso-oposición para o ingreso no Servizo Galego de Saúde na categoría de enfermeiro/a. A Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria (AGEFEC) ven demandando á Consellería que os méritos baremables nos concursos de traslados non se limiten en exclusiva ao tempo que o profesional acredite como servizos prestados no Sistema de Saúde.Despois de múltiples entrevistas e reclamacións a Consellería de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde para que o esforzo persoal, os coñecementos e a produción científica sexan tidos en conta e se valoren nos distintos concursos oposición e traslados, por fin, na citada convocatoria introdúcense importantes modificacións no baremo de méritos que actualmente está vixente.

AGEFEC agradece de que, por fin, se contemple unha das nosas vellas peticións e congratúlase de que o SERGAS defenda, recoñeza e promova o desenvolvemento de actividades de formación especializada e continuada, a docencia, así como a xeración e difusión do coñecemento científico mediante a publicación de traballos científicos e de investigación no ámbito das Ciencias da Saúde, é dicir, o recoñecemento do esforzo persoal e profesional e a contribución a excelencia. Sen embargo non se recoñece a baremación do tempo traballado durante o período de residencia no apartado de experiencia profesional, feito que continuaremos reivindicando.

Detrás deste logro acadado, quedan outros fitos por acadar para seguir contribuíndo na mellora da excelencia profesional e as xustas aspiracións dos profesionais como poden ser a acreditación de prazas de enfermaría familiar e comunitaria en tódalas UU.DD., a inserción laboral dos especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria, a celebración da esperada proba de acceso ao título de especialista pola vía excepcional, cambios normativos que faculten aos profesionais de enfermaría para xestionar ou dirixir centros de atención primaria, etc.

Non quero deixar pasar a ocasión de agradecerche a túa confianza e por continuar apoiándonos como socio de AGEFEC. Aproveito tamén para animarche a que participes no Congreso Nacional de FAECAP que se vai celebrar en Santiago de Compostela os días 23, 24 e 25 de abril do próximo ano.
Atte,

Asdo. Manuel-Vidal Fernández Fernández

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios