Cargando

AGEFEC promove unha aposta decidida polo desenvolvemento do programa de polimedicados no SERGAS

AGEFEC promove unha aposta decidida polo desenvolvemento do programa de polimedicados no SERGAS

logo_agefec_100pxRecentemente saíu publicado na prensa que unha de cada catro receitas non son retiradas en pacientes en activo e unha de cada cinco en pacientes pensionistas con copago.

(http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/01/06/farmacias-piden-alertas-pacientes-dejan-tratamiento/0003_201501G6P4991.htm)

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, lonxe de tentar crear alarma social, somos conscientes de que as causas poden ser múltiples, ben que os enfermos non seguen ben os seus tratamentos, ben porque consideran que non os precisan, ben por falta de recursos económicos ou mesmo porque os tratamentos non están actualizados as súas necesidades.

Na actualidade tanto Enfermeiras como Médicos de Atención Primaria dispoñenemos dos instrumentos necesarios para saber se un paciente retira das farmacias os medicamentos prescritos a través da Historia Clínica Electrónica e a e-receita.

A cuestión de fondo non radica en si o doente retirou ou non os medicamentos da farmacia, o problema é corroborar se a súa prescipción está actualizada e é a máis axeitada para el, especialmente nos pacientes  polimedicados (aqueles que toman seis ou máis fármacos segundo a Organización Mundial da Saúde – OMS) e pluripatolóxicos crónicos.

Para ilo, a día de hoxe, o Servizo Galego de Saúde ten posto en marcha o Programa de Polimedicados, que consiste na revisión do 50% dos tratamentos dos pacientes que toman máis de once medicamentos. Esta revisión é levada a cabo por un equipo multidisciplinar (Enfermeira, Farmacéutico e Médico de Atención Primaria), valorando a adherencia e os coñecementos dos pacientes sobre o seu tratamento así como a idoneidade dos fármacos prescritos.

Por esta razón dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria cremos que a solución radica en que o Servizo Galego de Saúde aposte decididamente por executar o Programa de Polimedicados sobre o 100% dos pacientes que toman 6 ou máis medicamentos de xeito recorrente, o que conleva a unha aposta polo desenvolvemento da especialidade de enfermaría familiar e comunitaria e a inserción laboral dos profesionais mellor formados para levar adiante este programa, dado que son estes profesionais os idóneos para revisar medicacións, observar a cumplimentación terapéutica e facer educación para a saúde no manexo dos seus procesos de enfermidade.

 

 

Asdo. Manuel Vidal Fernández Fernández

Presidente AGEFEC

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios