Cargando

Os sindicatos pídenlle ó SERGAS a creación de tódalas categorías de enfermeir@ especialista

Os sindicatos pídenlle ó SERGAS a creación de tódalas categorías de enfermeir@ especialista

logo_agefec_100pxSolicítanlle ao SERGAS que cumpra o compromiso adquirido con estes profesionais e co sistema galego de saúde.

As principais forzas sindicais con representación no Servizo Galego de Saúde (CIG-Saúde, CCOO, CSI·F, UGT) veñen de rexistrar un escrito conxunto no que solicitan a convocatoria da Comisión Técnica das Especialidades Enfermeiras coa fin de dar o pulo definitivo na creación da categoría de Enfermeiro Especialista.

O escrito pon de manifesto a incoherencia de estar investindo unha importante cantidade de diñeiro público na formación dos especialistas e logo non ofrecer a estes unha saída laboral real e acorde a súa formación, xa que moitos deles acaban traballando – no mellor dos casos – fóra dos eidos nos que están especializados.

Segundo relata Francisco Represas, Enfermeiro Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, un dos principais representantes deste colectivo de especialistas e residentes, “a formación dun enfermeiro especialista ronda os 50.000-60.000€. Resulta incomprensible que o sistema sanitario faga un investimento deste calibre e logo non o amortice. Os retos do presente do SNS pasan inevitablemente por unha aposta decidida polo desenvolvemento das especialidades enfermeiras.”

 

Álvaro Carrera García
Enfermeiro – DUE

Residente de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios